Ar de Coruña. Capítulo 13: Día das Letras Galegas

Ar de Coruña finaliza as súas emisións por esta tempada cun programa especial e diferente en estrutura e contidos. Este programa estivo conducido por Mónica Alonso e Jorge Catoira e contou con Manuel Castiñeira no control técnico e coa imprescindible colaboración de Borja Granados, do Equipo de Tecnoloxía de CUAC FM, así como co traballo do Equipo de Redacción da emisora.

  • Presentouse o curso de galego realizado polo Equipo de Redacción, coa colaboración de moitos integrantes da emisora: Isto É Galego, do cal puidemos desfrutar de varias partes.
  • A literatura en forma de poesía tivo a súa presenza na voz de Manuel Rivas.
  • Entrevistamos a Fran Rei, da plataforma cidadá Queremos Galego.
  • Recuperamos a entrevista emitida no programa Folk In Trío ó colectivo Agrumar, que nos falou da situación da música tradicional en Galicia e da polémica debida á súa descalificación dun concurso radiofónico dunha emisora non comunitaria.
  • Tamén reemitimos un documento sonoro en relación á historia das Letras Galegas e unha entrevista ó escritor Xulio López Valcárcel, que falou de Lois Pereiro, protagonista do Día das Letras Galegas deste ano, por cortesía do programa A Fume De Carozo.
  • Recollemos a información emitida no programa Alegría acerca do Día Internacional dos Museos, que se celebra mediante o programa “Baixo as estrelas“. Do mesmo espazo recuperamos as palabras do artista Manu Clavijo, que vén de gravar varias cancións con letras de Lois Pereiro.
  • Informamos sobre a campaña “O Galego medra contigo” do Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña, e doutros eventos de actualidade relacionados coa Festa do Libro.
  • O programa Recendo ofreceunos a entrevista realizada no seu espazo a Xosé Luís Méndez Ferrín, Presidente da Real Academia Galega.
  • Lembramos a visita realizada á libraría Sete Mares.

Deica pronto!

Ir a descargar

Ar de Coruña. Capítulo 12: Castro de Elviña

Nesta nova entrega do magazine comunitario desde o Estudio 1 de CUAC FM, o Equipo de Redacción da emisora achegouse ó barrio do Castro de Elviña. Presentaron o programa Jorge Catoira e Manuel Castiñeira, contando coa colaboración de Bea Ulalume (Radiografía e Axenda Infantil) e de Mariano Fernández, que se encargou do control técnico.

Na primeira hora de emisión escoitamos a Radiografía adicada ó barrio da semana e realizada por Bea Ulalume. Tivemos a visita de tres asociacións do lugar, as cales nos falaron das súas agrupacións e actividades, así como das relacións que manteñen co barrio:

Como é habitual, dous reporteiros, nesta ocasión Marta Chil e Jorge Catoira, recolleron as voces da veciñanza que forman o mosaico sonoro realizado por Borja Granados.

O tema das expropiacións na zona do pobo de Elviña foi tratado nas voces dos nosos tres convidados.

Ir a descargar

Ar de Coruña. Capítulo 11: I Romaría Asociativa de CUAC FM

Ar de Coruña emitíuse desde o Parque de Marte, lugar onde se realizou a I Romaría Asociativa de CUAC FM. Os equipos de Redacción e de Tecnoloxía achegaron á rúa o magazine comunitario semanal da emisora. Diversas asociacións participantes neste encontro pasaron polos micrófonos deste programa especial centrado no asociacionismo, e conversaron con Mariano Fernández e Manuel Castiñeira. Os reporteiros Diego de la Vega e Iverson recolleron as impresións dalgúns dos asistentes a esta I Romaría Asociativa.

  • Marcial Blanco foi o primeiro convidado neste undécimo programa. É membro de Zocaminhoca, unha cooperativa de consumo responsable da cidade.
  • Roberto Catoira, da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda, e Sheila, do Centro Social Gomes Gaioso, falaron das principais actividades que desenvolven nas súas respectivas agrupacións e da visibilidade do tecido asociativo da cidade.
  • Ozzy de Castro volveu á rúa para recoller opinións sobre o movemento asociativo na Coruña. O mosaico sonoro foi completado coa produción e locución de Antón Dubra.
  • Adama e Jimmy, dous senegaleses da Asociación Sen Papeis da Coruña, tamén conversaron cos nosos locutores.
  • Tomás Legido lembrounos a celebración do concerto correspondente á final do XIII Concurso de Maquetas de CUAC FM esa mesma noite.
  • Finalmente, uns representantes de ADCOR, organización sen ánimo de lucro adicada a axudar a persoas adultas con discapacidade intelectual, deixaron constancia do labor do seu colectivo.

A fotografía que acompaña a este texto pertence ó artigo publicado polo diario La Opinión A Coruña o 1 de maio de 2011.

Ir a descargar

Ar de Coruña. Capítulo 9: Labañou

O noveno Ar de Coruña achegouse ó histórico barrio de Labañou. A emisión foi conducida por Mariano Fernández e Mónica Alonso. Manuel Castiñeira ocupouse do control técnico coa colaboración de Ángela Triana. Este programa, realizado polo Equipo de Redacción de CUAC FM, incluíu os seguintes contidos:

Na segunda hora puidemos escoitar o que segue:

  • A Axenda Infantil na voz dos conductores e de Jorge Catoira.
  • A sección de Cultura recibíu ó grupo madrileño Havalina, de concerto na cidade o día de emisión do programa, e que interpretaron dous temas en vivo e en directo desde o Estudio Alexandre Bóveda.
  • Na parte de Sociedade os nosos conductores falaron con Jorge Sampedro, educador social e vinculado ó Albergue de Transeúntes da Institución Benéfico-Social Padre Rubinos, unha das asociacións máis destacadas do barrio de Labañou.
  • A firma deste día levou o nome de Intermón Oxfam e a voz de Mayka Beltrán, que falou acerca da carta que varios economistas enviaron ós Ministros de Economía do G20 en relación co respaldo a unha taxa ás transaccións financeiras.
  • Rematamos con Actualidade, dando lectura ó comunicado emitido poucos días atrás polo Centro Social Ocupado Casa das Atochas ante o forzado desaloxo realizado.

Ir a descargar

Ar de Coruña. Capítulo 8: Os Castros

Ar de Coruña recupera a súa estrutura habitual, adicando a primeira parte da súa emisión a un novo barrio da cidade: Os Castros, unha porta de entrada e de saída ó casco urbano.

Este programa estivo conducido por Mónica Alonso e Jorge Catoira, e contou co control técnico a cargo de Ángela Triana, así como coa colaboración do Equipo de Redacción de CUAC FM. Estes foron os contidos da octava entrega do noso magazine comunitario:

  • Bea Ulalume radiografía o barrio de Os Castros.
  • Entrevista con José Ángel Abelleira, presidente do Club Atlético dos Castros, de importancia histórica no barrio.
  • O habitual mosaico sonoro, realizado por Mariano Fernández coas voces da cidadanía do barrio recollidas por Ozzy de Castro e Antón Dubra.
  • Entrevista co psicólogo de AGALURE, Asociación Galega de Ludópatas Rehabilitados, José Manuel Recouzo.
  • Marta Chil achegouse á Librería de Barrio, nesta ocasión a Librería Carballido, sita na Avenida dos Caídos 4.
  • A firma desta emisión chegou de man de Antón González, de Solidariedade Galega, explicando o seu proxecto de cooperación e asistencia a un colectivo de mergulladores en Nicaragua.

Entramos na segunda hora da emisión con Actualidade, Cultura e Sociedade.

  • A Actualidade levounos a conversar da situación da Planta de Tratamento de Residuos Urbanos da Coruña, Nostián, con Xosé Manuel Vilariño, presidente do Comité de Empresa e voceiro do mesmo.
  • Cultura comezou coas recomendacións da Axenda Infantil que nos fixeron saber Bea Ulalume e Manuel Castiñeira.
  • A continuación, falamos telefonicamente con Paula Carballeira, participante do Ciclo de Monólogos do Forum Metropolitano.
  • Tamén contamos co grupo coruñés Combo Dinamo, que responderon ás nosas preguntas e tocaron dous temas en vivo desde o Estudio 1 de CUAC FM.
  • Visitounos Luis Noriega de Cool Films, produtora galega sen ánimo de lucro.
  • Finalmente, na parte de Sociedade, Manuel Monge, presidente da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña, contounos os actos máis destacados cos que a asociación celebra o 80 aniversario da proclamación da II República.

Ir a descargar

Ar de Coruña. Capítulo 7: AchegArte

Programa especial realizado con estudio móbil en Palexco, co motivo da celebración da feira AchegArte 2011, un espazo dedicado á creación e á industria cultural de Galicia. O son víuse afectado por contratempos técnicos que incluso acurtaron a duración inicial do noso programa, razón pola cal pedimos desculpas ós nosos oíntes.

A emisión foi conducida por Mariano Fernández e Manuel Castiñeira, e contou co control técnico de Fernando Souto e de Ángela Triana, ademais da sempre valiosa colaboración do Equipo de Redacción e do Equipo de Tecnoloxía de CUAC FM.

Os contidos desta entrega especial AchegArte foron os seguintes:

  • Extracto da entrevista realizada para a emisora a Fernando Madina, do grupo Reincidentes.
  • María Xosé Bravo, concelleira de Cultura da nosa cidade, falounos acerca de AchegArte.
  • Charla con aCentral Folque, centro galego de música popular.
  • Fernando Losada falou con Rodrigo de Urco Editora.
  • Diego de la Vega conversou cun representante de Alita Comics.
  • Entrevista con Lázaro de UNIMA Galicia, asociación centrada na arte da marioneta.
  • Visita de Luz Castro, de Imaxin Software, empresa de consultoría e desenvolvemento de servizos software.
  • Charla cos escritores Estíbaliz Espinosa e Xabier P. DoCampo.
  • Entrevista con Begoña Cuquejo e Marta Alonso de Danesga (Asociación Profesional de Danza Escénica Galega).
  • Antonio Prado falou con Tati Mancebo, representante do grupo de asistencia cultural na rede Algueirada.
  • Rematando a emisión, houbo tempo para facer unhas preguntas e escoitar ós cantareiros Maghúa.
  • Tivemos tamén a  fugaz visita sorpresa dun querido membro de CUAC FM no pasado.

Achegamos tamén o mosaico sonoro producido e locutado por Fernando Losada a partir das respostas ás preguntas de Mónica Alonso en relación a AchegArte e á cultura.

Ir a descargar

Ar de Coruña. Capítulo 6: Peixería

Tras unha emisión previa desde o Obelisco, na cal se celebra o 15 aniversario de CUAC FM, a nova entrega de Ar de Coruña comeza como de costume, adicada nesta ocasión ó barrio da Peixería, conducida por Jorge Catoira e Mónica Alonso, e co control técnico a cargo de Mariano Fernández, sen esquecer o labor de produción do Equipo de Redacción.

Entramos no barrio da Peixería da man de Bea Ulalume e da súa habitual radiografía. A continuación mantivemos unha charla con Rafa Vázquez, Presidente da Asociación de Hostaleiros da emblemática rúa da Barrera. Enseguida chegou o momento de escoitar o mosaico sonoro do barrio, realizado por Fernando Losada a partir das voces da cidadanía da zona recollidas por Vera Pidal Pardo e Ángela Triana.

Tamén recollemos a nota de prensa emitida pola Asociación de Sin Papeles da Coruña en torno á detención dun migrante ocorrida no barrio uns días atrás. Roberto Catoira, Presidente da Asociación Cultural Alexandre Bóveda, falounos da súa agrupación e das numerosas actividades que leva a cabo.

Outra sección habitual do programa, a Librería de Barrio, levounos a Cascanueces, situada na rúa Cordonería 10. Xa metidos na segunda hora de emisión puidemos escoitar a firma da semana, esta vez proveniente de Margarita González, de Amnistía Internacional.

Actualidade devolveunos ó centro da cidade e ó barrio da semana. Alí conectamos con máis integrantes de CUAC FM, mediante os cales puidemos comprobar o que sucede nas rúas, e tamén como recebe a cidadanía á nosa emisora. Mariano Fernández explicounos en que consisten as Xornadas Alterando o Normal que se desenvolverán na vindeira semana.

Na parte de Sociedade entrevistamos a José Luis Quintela de Intermón Oxfam. Finalizamos a nosa emisión co apartado de Cultura, onde recollemos as palabras e a música de Depedro, en directo desde o Estudio 1 de CUAC FM.

Ir a descargar

Ir a descargar

Sigue leyendo

Ar de Coruña. Capítulo 5: Os Rosales

Mónica Alonso e Manuel Castiñeira conduciron unha nova entrega deste esforzo colectivo do equipo de Redacción de CUAC FM, con Ángela Triana no control técnico: Ar de Coruña. A primeira hora de emisión estivo adicada a un dos barrios máis novos da cidade. Os Rosales foi o protagonista do noso quinto capítulo.

Como é habitual, escoitamos a radiografía sonora do barrio realizada por Bea Ulalume. O Presidente da Asociación de Veciños dos Rosales, Fernando Carrillo, e o seu Vicepresidente, Francisco Javier Rivera, viñeron para dar a súa visión do que acontece nesta parte da cidade, e coñeceron con nós o mosaico sonoro recollido por Ozzy de Castro e Vera Pidal Pardo, e editado por Fernando Losada e Fer Liñares.

Tivemos ocasión de departir con dúas asociacións centradas na atención en persoas con discapacidade intelectual presentes no barrio: Adcor, representada por Marga Garrido, e Artefíos, que tamén quixo deixar constancia da súa presencia. Aínda nos Rosales, Vera Pidal Pardo visitou a librería de barrio, Espacio Cultural, situada na rúa Manuel Azaña 42.

De cheo na segunda hora de emisión, visitounos Jorge Castro de Menores en Red para deixarnos a súa firma. A sección de Cultura trouxo unha entrevista con Enric Montefusco, membro do grupo catalán Standstill, no seu paso pola cidade. Non faltou a Axenda Infantil nas voces dos presentadores e de Jorge Catoira. Ademais, o cantautor coruñés Félix Arias pasou polo Estudio 1 de CUAC FM para responder as nosas preguntas e tocar unha canción coa súa guitarra, anunciando o seu concerto desa mesma noite.

Actualidade centrouse na mesa redonda celebrada no día anterior no Centro Cívico do Castrillón, na cal a organización ATTAC falaba de alternativas financieiras, e que recollíu e comentou Jorge Catoira. Tamén houbo espazo para informarnos da reapertura da Velvet, un emblemático local da Cidade Vella.

Finalizamos o programa na parte de Sociedade falando con Rebeca López Caramés de CASCO, o Comité Cidadán AntiSIDA da Coruña, que se acercou ata a nosa nova emisora con Juan Carlos Espinosa, monitor do piso de acollida da asociación.

Ir a descargar

Sigue leyendo

Ar de Coruña. Capítulo 4: Barrio das Flores

O Equipo de Redacción de Ar de Coruña quere expresar as súas desculpas por non poder dispoñer da gravación do programa emitido o sábado 12 de marzo de 2011, debido a un inesperado problema técnico.

Os arquivos de audio xa gravados con anterioridade á emisión deste cuarto capítulo si figuran na presente entrada, e, por tanto, poden ser escoitados e descargados desde esta páxina, como de costume.

Programa conducido por Mariano Fernández e Manuel Castiñeira. O control técnico foi manexado por Fernando Losada.

Ir a descargar

Os contidos desta entrega foron os seguintes: