Cobertura das eleccións á Reitoría da UDC 2011

Cuac FM fixo unha ampla cobertura da primeira rolda das eleccións á reitoría. O xoves 24 fixemos unha serie de entrevistas ós candidatos que podes escoitar no noso canle de ivoox, ou premendo nos enlaces a continuación:

Luis Castedo

Xose Luis Armesto

Manuel Recuero

Alejandro Pazos

Fermín Navarrina

 

Hoxe, martes 29, emitiremos dende as 12:00 o debate entre os cinco candidatos que tivo lugar onte na Facultade de Informática da Universidade da Coruña. Redifundirase a partir das 02:00 da madrugada. Unha  vez emitido por primeira vez, estará dispoñible no noso podcast de monográficos e habilitaremos un link dende este post.

Cuac FM quere agradecer ás distintas candidaturas a súa disponibilidade, e tamén a colaboración dos representantes de alumnos de Informática e á propia facultade, pola súa colaboración para facer esta cobertura posible.

Seguiremos informando dos resultados, e informaremos cumpridamente da segunda rolda electoral.