Avance de programación de CUAC FM para a nova tempada

 

 

CUAC FM prepara xa o inicio da sua nova tempada radiofónica (e xa son 16!). Con 42 horas de emisión propia en directo xa confirmadas a mediados de setembro (seguramente se unirá algún proxecto máis antes de outubro), a radio comunitaria da Coruña ofrecerá unha programación chea de contidos moi diversos, realizada por voluntarios e con ánimo de achegar propostas diferentes ás que se atopan no resto da radiodifusión por FM.

Se ti queres formar parte do proxecto, infórmate no apartado desta web Únete a CUAC ou envía un correo a programacion@cuacfm.org.

O 1 de outubro conecta o 103.4 na túa radio ou www.cuacfm.org. Incluso podes escoitarnos no teu móbil se tes Android, coa nosa aplicación gratuita que atoparás no Market.

 

CUAC FM, nada que ver dende 1996.