Cuac FM lanza su aplicación Android

NOTA: la anterior aplicación no soportaba la versión de Android 2.1. Por favor, bórrala.

Después de enseñar el pico por la ondas hertzianas en 1996, entrar en el mundo de internet allá por 2006, ahora toca dar un saltito más para llegar a esa gente moderna que tenga Smartphones de Android.

Apunta a la imagen de arriba con tu Smartphone o haz click con tu ratón 1.0 para ver una descripción detallada de la aplicación.

 

Con esta aplicación Android de CUAC FM además de poder escuchar el streaming en directo, tendrás acceso instantáneo a los podcast de la emisora.

Agradecimientos:

Testers: Ángela, Delavega, Eloy, Garou, Mr. Borji

Desarrollo: Iverson

Diseño: Mariano

Textos: Fernando


Ar de Coruña. Capítulo 9: Labañou

O noveno Ar de Coruña achegouse ó histórico barrio de Labañou. A emisión foi conducida por Mariano Fernández e Mónica Alonso. Manuel Castiñeira ocupouse do control técnico coa colaboración de Ángela Triana. Este programa, realizado polo Equipo de Redacción de CUAC FM, incluíu os seguintes contidos:

Na segunda hora puidemos escoitar o que segue:

  • A Axenda Infantil na voz dos conductores e de Jorge Catoira.
  • A sección de Cultura recibíu ó grupo madrileño Havalina, de concerto na cidade o día de emisión do programa, e que interpretaron dous temas en vivo e en directo desde o Estudio Alexandre Bóveda.
  • Na parte de Sociedade os nosos conductores falaron con Jorge Sampedro, educador social e vinculado ó Albergue de Transeúntes da Institución Benéfico-Social Padre Rubinos, unha das asociacións máis destacadas do barrio de Labañou.
  • A firma deste día levou o nome de Intermón Oxfam e a voz de Mayka Beltrán, que falou acerca da carta que varios economistas enviaron ós Ministros de Economía do G20 en relación co respaldo a unha taxa ás transaccións financeiras.
  • Rematamos con Actualidade, dando lectura ó comunicado emitido poucos días atrás polo Centro Social Ocupado Casa das Atochas ante o forzado desaloxo realizado.

Ir a descargar

Nota informativa de Cuac FM (15/04/2011)

Desexamos por en coñecemento de tódalas persoas que nos seguides e apoiadaes (grazas a todas) que, onte, unha delegación de Cuac FM celebrou unha reunión con representantes do Servizo de Réxime Xurídico de Televisión e Radiodifusión da Xunta de Galicia.

A xuntanza foi sincera e proveitosa cara a un mellor coñecemento mutuo e, tamén, para facer unha diagnose da situación e dos atrancos dos medios comunitarios na nosa comunidade autónoma e no estado español en xeral, diagnose que compartimos en boa medida.

No sucesivo, a comunicación será moito máis fluida e temos a esperanza de que sexa útil para construirmos un sistema de medios máis xusto e plural, na que os medios do Terceiro Sector podan desenvolver a súa labor con dignidade e plena seguridade xurídica.

Deseamos poner en conocimiento de todas las personas que nos seguís y apoyáis (gracias a todas) que, ayer, una delegación de Cuac FM celebró una reunión con representantes del Servicio de Régimen Jurídico de Televisión y Radiofusión de la Xunta de Galicia.

La reunión fue sincera y provechosa de cara a un mejor conocimiento mutuo y, también, para hacer un diagnóstico de la situación y de los problemas de los medios comunitarios en nuestra comunidad autónoma y en el estado español en general, diagnóstico que compartimos en buena medida.

En lo sucesivo, la comunicación será mucho más fluida y tenemos la esperanza de que sea útil para construirnos un sistema de medios más justo y plural, en la que los medios del Tercer Sector puedan desarrollar su labor con dignidad y plena seguridad jurídica.

Fallo do XIII Concurso de Maquetas Cuac FM

O xurado do XIII Concurso de Maquetas de Cuac FM, reunido o 7 de abril de 2011, decidiu elixir coma gañadores do certame entre os 114 grupos presentados a:

Lamprologus, de Madrid

http://www.myspace.com/lamprologus

The Dealers, de Gasteiz

http://www.myspace.com/thedealersproyect

Que dirimirán o primeiro e o segundo posto no concertó que terá lugar o día 30 de abril de 2011 na Sala Mardigras, a partir das 10 da noite (entrada a 3€, unha ganga).

Os grupos finalistas foron:

The Red Lights, de Madrid

Green Fandango da Coruña, que recibirán o premio á mellor banda local.

Comunicado de Cuac FM sobre el concurso de licencias en FM|Comunicado de Cuac FM sobre o concurso de licencias en FM

O pasado xoves, a Xunta de Galicia sacou a concurso todas as súas frecuencias dispoñibles para a FM (84). A convocatoria explicita que todas e cada unha delas serán destiñadas a usos comerciais. De novo os medios comunitarios ficamos fora do acceso aos títulos habilitantes para emitir en frecuencia modulada, se ben nista ocasión este feito reflicte unha maior gravidade en tanto que conculca o dereito establecido no artigo 4 da vixente Lei Xeral da Comunicación Audiovisual.

Ca convocatoria diste concurso esgótase o espectro radioeléctrico planificado. Non quedan frecuencias dispoñibles na Galiza.

Os efectos fácticos desta decisión terán graves consecuencias sobre as radios libres e comunitarias galegas, que unha vez máis quedarán indefensas, pese a ser consideradas pola lei un dereito de cidadanía.
No caso particular de Cuac FM, as súas emisións veranse severamente afectadas por unha emisora que sae a concurso en Ferrol cunha potencia radiada aparente de 4000 vatios no 103.2 da FM (lembremos que Cuac FM emite no 103.4).
Prácticamente non quedan puntos utilizables no dial da Coruña, co que é bastante probable que perdamos en breve plazo a nosa capacidade ser recibidos por ondas, o que imposibilitaría completamente o noso proxecto social e comunitario.

Cuac FM tentou (e segue a intentar) hai meses e en dúas ocasións, concertar unha reunión cos máximos responsables da Xunta de Galicia na materia, co gallo de tratar de xeito previo á convocatoria do concurso os extremos que afectan ós medios comunitarios. Lamentablemente, e pese a facer as solicitudes por escrito e seguindo os cauces procedimentais oportunos, ate o día de hoxe non recibimos resposta.

O noso colectivo desenvolverá canta acción estime pertinente para reivindicar os dereitos da cidadanía galega en materia de comunicación, en coordenación cas redes nacionais e internacionais ás que pertence. A comunicación é un dereito da persoa, e coma tal temos a obriga moral e o compromiso ético de defendela. Así o faremos.

El pasado jueves la Xunta de Galicia sacó a concurso todas sus frecuencias disponibles en FM (84). La convocatoria explicita que todas y cada una de ellas serán destinadas a usos comerciales. De nuevo los medios comunitarios quedamos fuera del acceso a los títulos habilitantes para emitir en frecuencia modulada, si bien en esta ocasión este hecho entraña una mayor gravedad, en tanto que conculca de forma clara el derecho establecido en el artículo 4 de la vigente Ley General de la Comunicación Audiovisual.

Con la convocatoria de este concurso se agota el espectro radioeléctrico planificado. No quedan frecuencias disponibles en Galicia.

Los efectos fácticos de esta decisión tendrán graves consecuencias sobre las radios libres y comunitarias gallegas, que una vez más quedarán indefensas, pese a ser consideradas por la ley un derecho de la ciudadanía.

En el caso particular de Cuac FM, sus emisiones se verán severamente afectadas por una emisora que sale a Concurso en Ferrol, con una potencia radiada aparente de 4000 vatios en el 103.2 de la fm, tan sólo a dos puntos del 103.4 del díal que llevamos ocupando 15 años.

Prácticamente no quedan puntos utilizables en el dial de A Coruña, con lo que es bastante probable que en breve plazo perdamos nuestra capacidad de ser recibidos por ondas, lo que imposibilitaría nuestro proyecto social y comunitario.

Cuac FM intentó (y sigue haciéndolo) hace meses y en dos ocasiones, concertar una reunión con los máximos responsables de la Xunta de Galicia en la materia, a fin de tratar de forma previa a la convocatoria del concurso aquellos extremos que afectan a los medios comunitarios. Lamentablemente, y pese a cursar las solicitudes por escrito y siguiendo los cauces procedimentales oportunos, hasta la fecha no hemos recibido respuesta.

Nuestro colectivo realizará cuanta acción estime pertinente para reivindicar los derechos de la ciudadanía gallega en materia de comunicación, en coordinación con las redes nacionales e internacionales a las que pertenece. La comunicación es un derecho de la persona, y como tal tenemos el compromiso ético y la obligación moral de defenderla. Así lo haremos.

A Coruña 11/4/2011

NOTA: El comunicado se ha enlazado en los agregadores de noticias meneame.net y chuza.gl. Si queréis darle difusión, podéis votarlo en dichos sitios web.
NOTA: O comunicado enlazouse nos agregadores de noticias meneame.net e chuza.gl. Se queredes darlle difusión, podedes votalo en ditos sitios web.

Ar de Coruña. Capítulo 8: Os Castros

Ar de Coruña recupera a súa estrutura habitual, adicando a primeira parte da súa emisión a un novo barrio da cidade: Os Castros, unha porta de entrada e de saída ó casco urbano.

Este programa estivo conducido por Mónica Alonso e Jorge Catoira, e contou co control técnico a cargo de Ángela Triana, así como coa colaboración do Equipo de Redacción de CUAC FM. Estes foron os contidos da octava entrega do noso magazine comunitario:

  • Bea Ulalume radiografía o barrio de Os Castros.
  • Entrevista con José Ángel Abelleira, presidente do Club Atlético dos Castros, de importancia histórica no barrio.
  • O habitual mosaico sonoro, realizado por Mariano Fernández coas voces da cidadanía do barrio recollidas por Ozzy de Castro e Antón Dubra.
  • Entrevista co psicólogo de AGALURE, Asociación Galega de Ludópatas Rehabilitados, José Manuel Recouzo.
  • Marta Chil achegouse á Librería de Barrio, nesta ocasión a Librería Carballido, sita na Avenida dos Caídos 4.
  • A firma desta emisión chegou de man de Antón González, de Solidariedade Galega, explicando o seu proxecto de cooperación e asistencia a un colectivo de mergulladores en Nicaragua.

Entramos na segunda hora da emisión con Actualidade, Cultura e Sociedade.

  • A Actualidade levounos a conversar da situación da Planta de Tratamento de Residuos Urbanos da Coruña, Nostián, con Xosé Manuel Vilariño, presidente do Comité de Empresa e voceiro do mesmo.
  • Cultura comezou coas recomendacións da Axenda Infantil que nos fixeron saber Bea Ulalume e Manuel Castiñeira.
  • A continuación, falamos telefonicamente con Paula Carballeira, participante do Ciclo de Monólogos do Forum Metropolitano.
  • Tamén contamos co grupo coruñés Combo Dinamo, que responderon ás nosas preguntas e tocaron dous temas en vivo desde o Estudio 1 de CUAC FM.
  • Visitounos Luis Noriega de Cool Films, produtora galega sen ánimo de lucro.
  • Finalmente, na parte de Sociedade, Manuel Monge, presidente da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña, contounos os actos máis destacados cos que a asociación celebra o 80 aniversario da proclamación da II República.

Ir a descargar

Ar de Coruña. Capítulo 7: AchegArte

Programa especial realizado con estudio móbil en Palexco, co motivo da celebración da feira AchegArte 2011, un espazo dedicado á creación e á industria cultural de Galicia. O son víuse afectado por contratempos técnicos que incluso acurtaron a duración inicial do noso programa, razón pola cal pedimos desculpas ós nosos oíntes.

A emisión foi conducida por Mariano Fernández e Manuel Castiñeira, e contou co control técnico de Fernando Souto e de Ángela Triana, ademais da sempre valiosa colaboración do Equipo de Redacción e do Equipo de Tecnoloxía de CUAC FM.

Os contidos desta entrega especial AchegArte foron os seguintes:

  • Extracto da entrevista realizada para a emisora a Fernando Madina, do grupo Reincidentes.
  • María Xosé Bravo, concelleira de Cultura da nosa cidade, falounos acerca de AchegArte.
  • Charla con aCentral Folque, centro galego de música popular.
  • Fernando Losada falou con Rodrigo de Urco Editora.
  • Diego de la Vega conversou cun representante de Alita Comics.
  • Entrevista con Lázaro de UNIMA Galicia, asociación centrada na arte da marioneta.
  • Visita de Luz Castro, de Imaxin Software, empresa de consultoría e desenvolvemento de servizos software.
  • Charla cos escritores Estíbaliz Espinosa e Xabier P. DoCampo.
  • Entrevista con Begoña Cuquejo e Marta Alonso de Danesga (Asociación Profesional de Danza Escénica Galega).
  • Antonio Prado falou con Tati Mancebo, representante do grupo de asistencia cultural na rede Algueirada.
  • Rematando a emisión, houbo tempo para facer unhas preguntas e escoitar ós cantareiros Maghúa.
  • Tivemos tamén a  fugaz visita sorpresa dun querido membro de CUAC FM no pasado.

Achegamos tamén o mosaico sonoro producido e locutado por Fernando Losada a partir das respostas ás preguntas de Mónica Alonso en relación a AchegArte e á cultura.

Ir a descargar