Monográfico Memoria Histórica

O pasado sábado 4 de xuño de 2011 CUAC FM realizou este programa especial conducido por Roberto Catoira e Manuel Castiñeira, coa axuda de Mariano Fernández no control técnico e doutros integrantes dos Equipos de Redacción e de Tecnoloxía da emisora, coincidindo co 75 aniversario dos comezos da Guerra Civil en España.

Este espazo estivo dividido en dúas partes. Na primeira hora realizáronse unhas entrevistas a familiares de represaliados ou perseguidos na época da Guerra Civil. No estudio 1 da Radio Comunitaria da Coruña estiveron Pedro Galán (descendente de Pedro Galán Calvete) e Valentín García Bóveda. Tamén foi posible conversar telefonicamente con Mariquiña Villaverde (filla de José Villaverde) e con Xosé Luís Bóveda. Acompañounos durante todo o tempo de emisión Rubén Afonso, membro da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña.

Na segunda parte, e máis centrados noutros aspectos da memoria histórica, Rubén Afonso, o historiador Emilio Grandío e o realizador e fotógrafo Xosé Abad mostraron varias ideas e opinións diante dos nosos micrófonos. O programa completouse cuns audios gravados en CUAC FM acerca da vida, paixón e morte de Alexandre Bóveda, para rematar cunha cita de Castelao.

Ir a descargar

Ar de Coruña. Capítulo 8: Os Castros

Ar de Coruña recupera a súa estrutura habitual, adicando a primeira parte da súa emisión a un novo barrio da cidade: Os Castros, unha porta de entrada e de saída ó casco urbano.

Este programa estivo conducido por Mónica Alonso e Jorge Catoira, e contou co control técnico a cargo de Ángela Triana, así como coa colaboración do Equipo de Redacción de CUAC FM. Estes foron os contidos da octava entrega do noso magazine comunitario:

  • Bea Ulalume radiografía o barrio de Os Castros.
  • Entrevista con José Ángel Abelleira, presidente do Club Atlético dos Castros, de importancia histórica no barrio.
  • O habitual mosaico sonoro, realizado por Mariano Fernández coas voces da cidadanía do barrio recollidas por Ozzy de Castro e Antón Dubra.
  • Entrevista co psicólogo de AGALURE, Asociación Galega de Ludópatas Rehabilitados, José Manuel Recouzo.
  • Marta Chil achegouse á Librería de Barrio, nesta ocasión a Librería Carballido, sita na Avenida dos Caídos 4.
  • A firma desta emisión chegou de man de Antón González, de Solidariedade Galega, explicando o seu proxecto de cooperación e asistencia a un colectivo de mergulladores en Nicaragua.

Entramos na segunda hora da emisión con Actualidade, Cultura e Sociedade.

  • A Actualidade levounos a conversar da situación da Planta de Tratamento de Residuos Urbanos da Coruña, Nostián, con Xosé Manuel Vilariño, presidente do Comité de Empresa e voceiro do mesmo.
  • Cultura comezou coas recomendacións da Axenda Infantil que nos fixeron saber Bea Ulalume e Manuel Castiñeira.
  • A continuación, falamos telefonicamente con Paula Carballeira, participante do Ciclo de Monólogos do Forum Metropolitano.
  • Tamén contamos co grupo coruñés Combo Dinamo, que responderon ás nosas preguntas e tocaron dous temas en vivo desde o Estudio 1 de CUAC FM.
  • Visitounos Luis Noriega de Cool Films, produtora galega sen ánimo de lucro.
  • Finalmente, na parte de Sociedade, Manuel Monge, presidente da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña, contounos os actos máis destacados cos que a asociación celebra o 80 aniversario da proclamación da II República.

Ir a descargar