Ar de Coruña. Capítulo 13: Día das Letras Galegas

Ar de Coruña finaliza as súas emisións por esta tempada cun programa especial e diferente en estrutura e contidos. Este programa estivo conducido por Mónica Alonso e Jorge Catoira e contou con Manuel Castiñeira no control técnico e coa imprescindible colaboración de Borja Granados, do Equipo de Tecnoloxía de CUAC FM, así como co traballo do Equipo de Redacción da emisora.

  • Presentouse o curso de galego realizado polo Equipo de Redacción, coa colaboración de moitos integrantes da emisora: Isto É Galego, do cal puidemos desfrutar de varias partes.
  • A literatura en forma de poesía tivo a súa presenza na voz de Manuel Rivas.
  • Entrevistamos a Fran Rei, da plataforma cidadá Queremos Galego.
  • Recuperamos a entrevista emitida no programa Folk In Trío ó colectivo Agrumar, que nos falou da situación da música tradicional en Galicia e da polémica debida á súa descalificación dun concurso radiofónico dunha emisora non comunitaria.
  • Tamén reemitimos un documento sonoro en relación á historia das Letras Galegas e unha entrevista ó escritor Xulio López Valcárcel, que falou de Lois Pereiro, protagonista do Día das Letras Galegas deste ano, por cortesía do programa A Fume De Carozo.
  • Recollemos a información emitida no programa Alegría acerca do Día Internacional dos Museos, que se celebra mediante o programa “Baixo as estrelas“. Do mesmo espazo recuperamos as palabras do artista Manu Clavijo, que vén de gravar varias cancións con letras de Lois Pereiro.
  • Informamos sobre a campaña “O Galego medra contigo” do Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña, e doutros eventos de actualidade relacionados coa Festa do Libro.
  • O programa Recendo ofreceunos a entrevista realizada no seu espazo a Xosé Luís Méndez Ferrín, Presidente da Real Academia Galega.
  • Lembramos a visita realizada á libraría Sete Mares.

Deica pronto!

Ir a descargar

Ar de Coruña. Capítulo 1: Montealto

Ás 12 do mediodía deu comezo o magacín comunitario Ar de Coruña, un programa feito por e para a cidade. É un programa colaborativo feito por un grande número de persoas involucradas. É un ilusionante proxecto que facía falla nesta emisora comunitaria (e na radio coruñesa en xeral): dúas horas adicadas a falar da xente da rúa, das asociacións, dos barrios, da cultura.

Con Iverson de técnico de son, Mariano Fernández e Mónica Alonso deron comezo ao programa nunha presentación na que explicaron a grandes rasgos de que vai ir este programa. A primeira hora trata dun barrio en concreto, neste caso, Montealto, un dos máis emblemáticos barrios da cidade. Bea Ulalume realizou unha contextualización do barrio, e despóis se emitiu o mosaico sonoro, locutado e producido por Víctor Grande a partir das entrevistas na rúa que realizaron Ozzy de Castro e Vera Pidal Pardo. Inmediatamente despois, os conductores entrevistaron a un dos persoeiros máis emblemáticos do barrio: Xurxo Souto, cantante de Os Diplomáticos de Montealto e, por que non dicilo, un dos padriños de Cuac FM, que nos contou que significa para el o barrio desta semana de Ar de Coruña. Tras unha peza sonora de Manolo Rivas, Marta Chil foi á librería Sisargas (Rúa Curros Enríquez, 9) (situada no barrio de Montealto), onde nos recomendaron o libro Todo menos o cuiñar, de John Barlow.

En canto á parte máis social do barrio, Vera Pidal Pardo e Ozzy de Castro entrevistaron a Roci, do Centro Social Atreu (Travesía San Xosé, 2, baixo), que dan espazo a diversos colectivos sociais; e a un dos colectivos que participan en Atreu: Nomepisesofreghao (colectivo feminista). A seguinte entrevista foi a Virxilio Teixeiro, que nos falou do Centro Social Okupado Casa das Atochas.

A segunda hora consta de tres partes ben diferenciadas: Cultura, Actualidade e Sociedade. En Cultura, que Tomás Legido realizou unha entrevista a Felipe Criado sobre a inauguración da Normal, e con Luis Diaz, un dos fotógrafos que participan na exposición que inaugura este espazo da UDC; e posteriormente, Mónica Alonso, Mariano Fernández, Jorge Catoira e Roberto Catoira repasaron a axenda cultural da semana, onde se recordou a entrevista que o grupo A Rolos de Salitre concedeu ao noso programa Folk in Trío (e que nos cedeu amablemente Antonio Prado), xa que hoxe o citado grupo tocaba na FNAC.

En Actualidade, conectamos en directo con Manuel Castiñeira e Fernando Losada, quen entraron en directo dende o Palexco, onde se estaba a celebrar o Espazo Solidario, unha feira de máis de 50 asociacións con presenza nesta cidade. En directo, entrevistouse a representantes de ADEGA, ACSUR-Galiza e Viraventos. No caso de ACSUR cortouse a comunicación en directo, pero gravamos un audio a maiores que colgaremos en breve no noso podcast.

En Sociedade, Mariano Fernández entrevistou no Estudio José Couso a un integrante do Centro Social Gomes Gaioso, que ao igual que Atreu e a Casa das Atochas, tamén se atopa no Barrio de Montealto, e ao igual que as anteriores, falounos das diversas actividades que están a realizar.

Ademáis, no Espazo Solidario, os nosos reporteiros estiveron entrevistando a outras asociacións asociacións amais das que saíron do programa; eses audios emitiránse nos vindeiros programas de Áfrika Páprika.

Ir a descargar

Sigue leyendo

Reportaxe oficial (e audios) da inauguración do Estudio Alexandre Bóveda

Víctor Grande presenta a reportaxe oficial do Estudio de Gravación Alexandre Bóveda

Como xa fixera na web, Cuac FM acaba de colgar unha reportaxe en vídeo no canal de Cuac FM en Youtube. Presentado por Víctor Grande, e rodado por Gutier Rolán, Fer Liñares e o propio conductor da reportaxe, hai imaxes de antes, durante e despois da gala, entre as que destaca o emotivo momento no que Roberto Catoira, Pte. da A.C. Alexandre Bóveda, descobre a placa do Estudio de Gravación de Cuac FM.

As persoas entrevistadas na reportaxe son, por este orde: Roberto Catoira, Tomás Legido, Mariano Fernández, Fernando Losada, Ozzy de Castro, Diego de la Vega, Ildefonso García de Longoria, Bea Mariño e Antonio Prado.

Ademáis, temos dous audios: o momento da inauguración, e a primeira proba de grabación do Estudio.
Ir a descargar
Ir a descargar

Queda inaugurado o “Estudio de Gravación Alexandre Bóveda”

A radio comunitaria da Coruña, Cuac FM, por fin ten Estudio de Gravación. A xestión da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda e a colaboración dos Comités, permitiron este salto de calidade que dará, dende hoxe, Cuac FM.

Tomás Legido exerceu de mestre de cerimonias, dando paso aos asistentes para que desen un breve discurso; entre eles estaban Roberto Catoira, Presidente da A.C. Alexandre Bóveda; Margarida Vázquez (Concelleira de Igualdade e Participación Cidadá); María Xosé Bravo (Concelleira de Cultura), que colabora cada semana coa emisora no programa Alegría; varios ilustres representantes da Asociación Histórico Cultural Gran Armada; e de moitas das persoas que forman parte desta emisora comunitaria, entre elas o arquitecto, Ildefonso García de Longoria, quen recordou a dureza da construcción da Caixa Máxica, a parte máis importante do Estudio.

Tras os discursos de rigor, procedeuse a descubrir unha placa conmemorativa (ver foto superior).

Xusto despóis, varios compoñentes da Asociación Cultural Donaire (xunto co gran Álex Fente), tocaron no propio Estudio a modo de inauguración, e posteriormente montaron un concerto improvisado nas instalacións nas dende as que emite Cuac FM. Tanto o descubrimento da placa como a peza musical foron emitidas en directo polo dial 103.4 e por Internet.

Tódalas imaxes deste post foron realizadas por Fernando Losada e están protexidas con licencia cc-by-sa.

A inauguración, noutros medios:

Sigue leyendo