Ar de Coruña. Capítulo 12: Castro de Elviña

Nesta nova entrega do magazine comunitario desde o Estudio 1 de CUAC FM, o Equipo de Redacción da emisora achegouse ó barrio do Castro de Elviña. Presentaron o programa Jorge Catoira e Manuel Castiñeira, contando coa colaboración de Bea Ulalume (Radiografía e Axenda Infantil) e de Mariano Fernández, que se encargou do control técnico.

Na primeira hora de emisión escoitamos a Radiografía adicada ó barrio da semana e realizada por Bea Ulalume. Tivemos a visita de tres asociacións do lugar, as cales nos falaron das súas agrupacións e actividades, así como das relacións que manteñen co barrio:

Como é habitual, dous reporteiros, nesta ocasión Marta Chil e Jorge Catoira, recolleron as voces da veciñanza que forman o mosaico sonoro realizado por Borja Granados.

O tema das expropiacións na zona do pobo de Elviña foi tratado nas voces dos nosos tres convidados.

Ir a descargar

Ar de Coruña. Capítulo 1: Montealto

Ás 12 do mediodía deu comezo o magacín comunitario Ar de Coruña, un programa feito por e para a cidade. É un programa colaborativo feito por un grande número de persoas involucradas. É un ilusionante proxecto que facía falla nesta emisora comunitaria (e na radio coruñesa en xeral): dúas horas adicadas a falar da xente da rúa, das asociacións, dos barrios, da cultura.

Con Iverson de técnico de son, Mariano Fernández e Mónica Alonso deron comezo ao programa nunha presentación na que explicaron a grandes rasgos de que vai ir este programa. A primeira hora trata dun barrio en concreto, neste caso, Montealto, un dos máis emblemáticos barrios da cidade. Bea Ulalume realizou unha contextualización do barrio, e despóis se emitiu o mosaico sonoro, locutado e producido por Víctor Grande a partir das entrevistas na rúa que realizaron Ozzy de Castro e Vera Pidal Pardo. Inmediatamente despois, os conductores entrevistaron a un dos persoeiros máis emblemáticos do barrio: Xurxo Souto, cantante de Os Diplomáticos de Montealto e, por que non dicilo, un dos padriños de Cuac FM, que nos contou que significa para el o barrio desta semana de Ar de Coruña. Tras unha peza sonora de Manolo Rivas, Marta Chil foi á librería Sisargas (Rúa Curros Enríquez, 9) (situada no barrio de Montealto), onde nos recomendaron o libro Todo menos o cuiñar, de John Barlow.

En canto á parte máis social do barrio, Vera Pidal Pardo e Ozzy de Castro entrevistaron a Roci, do Centro Social Atreu (Travesía San Xosé, 2, baixo), que dan espazo a diversos colectivos sociais; e a un dos colectivos que participan en Atreu: Nomepisesofreghao (colectivo feminista). A seguinte entrevista foi a Virxilio Teixeiro, que nos falou do Centro Social Okupado Casa das Atochas.

A segunda hora consta de tres partes ben diferenciadas: Cultura, Actualidade e Sociedade. En Cultura, que Tomás Legido realizou unha entrevista a Felipe Criado sobre a inauguración da Normal, e con Luis Diaz, un dos fotógrafos que participan na exposición que inaugura este espazo da UDC; e posteriormente, Mónica Alonso, Mariano Fernández, Jorge Catoira e Roberto Catoira repasaron a axenda cultural da semana, onde se recordou a entrevista que o grupo A Rolos de Salitre concedeu ao noso programa Folk in Trío (e que nos cedeu amablemente Antonio Prado), xa que hoxe o citado grupo tocaba na FNAC.

En Actualidade, conectamos en directo con Manuel Castiñeira e Fernando Losada, quen entraron en directo dende o Palexco, onde se estaba a celebrar o Espazo Solidario, unha feira de máis de 50 asociacións con presenza nesta cidade. En directo, entrevistouse a representantes de ADEGA, ACSUR-Galiza e Viraventos. No caso de ACSUR cortouse a comunicación en directo, pero gravamos un audio a maiores que colgaremos en breve no noso podcast.

En Sociedade, Mariano Fernández entrevistou no Estudio José Couso a un integrante do Centro Social Gomes Gaioso, que ao igual que Atreu e a Casa das Atochas, tamén se atopa no Barrio de Montealto, e ao igual que as anteriores, falounos das diversas actividades que están a realizar.

Ademáis, no Espazo Solidario, os nosos reporteiros estiveron entrevistando a outras asociacións asociacións amais das que saíron do programa; eses audios emitiránse nos vindeiros programas de Áfrika Páprika.

Ir a descargar

Sigue leyendo