Ar de Coruña. Capítulo 6: Peixería

Tras unha emisión previa desde o Obelisco, na cal se celebra o 15 aniversario de CUAC FM, a nova entrega de Ar de Coruña comeza como de costume, adicada nesta ocasión ó barrio da Peixería, conducida por Jorge Catoira e Mónica Alonso, e co control técnico a cargo de Mariano Fernández, sen esquecer o labor de produción do Equipo de Redacción.

Entramos no barrio da Peixería da man de Bea Ulalume e da súa habitual radiografía. A continuación mantivemos unha charla con Rafa Vázquez, Presidente da Asociación de Hostaleiros da emblemática rúa da Barrera. Enseguida chegou o momento de escoitar o mosaico sonoro do barrio, realizado por Fernando Losada a partir das voces da cidadanía da zona recollidas por Vera Pidal Pardo e Ángela Triana.

Tamén recollemos a nota de prensa emitida pola Asociación de Sin Papeles da Coruña en torno á detención dun migrante ocorrida no barrio uns días atrás. Roberto Catoira, Presidente da Asociación Cultural Alexandre Bóveda, falounos da súa agrupación e das numerosas actividades que leva a cabo.

Outra sección habitual do programa, a Librería de Barrio, levounos a Cascanueces, situada na rúa Cordonería 10. Xa metidos na segunda hora de emisión puidemos escoitar a firma da semana, esta vez proveniente de Margarita González, de Amnistía Internacional.

Actualidade devolveunos ó centro da cidade e ó barrio da semana. Alí conectamos con máis integrantes de CUAC FM, mediante os cales puidemos comprobar o que sucede nas rúas, e tamén como recebe a cidadanía á nosa emisora. Mariano Fernández explicounos en que consisten as Xornadas Alterando o Normal que se desenvolverán na vindeira semana.

Na parte de Sociedade entrevistamos a José Luis Quintela de Intermón Oxfam. Finalizamos a nosa emisión co apartado de Cultura, onde recollemos as palabras e a música de Depedro, en directo desde o Estudio 1 de CUAC FM.

Ir a descargar

Ir a descargar

Sigue leyendo