Ar de Coruña emitíuse desde o Parque de Marte, lugar onde se realizou a I Romaría Asociativa de CUAC FM. Os equipos de Redacción e de Tecnoloxía achegaron á rúa o magazine comunitario semanal da emisora. Diversas asociacións participantes neste encontro pasaron polos micrófonos deste programa especial centrado no asociacionismo, e conversaron con Mariano Fernández e Manuel Castiñeira. Os reporteiros Diego de la Vega e Iverson recolleron as impresións dalgúns dos asistentes a esta I Romaría Asociativa.
Marcial Blanco foi o primeiro convidado neste undécimo programa. É membro de Zocaminhoca, unha cooperativa de consumo responsable da cidade.
Ozzy de Castro volveu á rúa para recoller opinións sobre o movemento asociativo na Coruña. O mosaico sonoro foi completado coa produción e locución de Antón Dubra.
Adama e Jimmy, dous senegaleses da Asociación Sen Papeis da Coruña, tamén conversaron cos nosos locutores.
Finalmente, uns representantes de ADCOR, organización sen ánimo de lucro adicada a axudar a persoas adultas con discapacidade intelectual, deixaron constancia do labor do seu colectivo.
A fotografía que acompaña a este texto pertence ó artigo publicado polo diario La Opinión A Coruña o 1 de maio de 2011.
Ar de Coruña tamén toma un lixeiro descanso e presenta, coincidindo co período da Semana Santa, un programa especial con gravacións de fragmentos correspondentes ós nove programas anteriores.
O noveno Ar de Coruña achegouse ó histórico barrio de Labañou. A emisión foi conducida por Mariano Fernández e Mónica Alonso. Manuel Castiñeira ocupouse do control técnico coa colaboración de Ángela Triana. Este programa, realizado polo Equipo de Redacción de CUAC FM, incluíu os seguintes contidos:
O usual mosaico sonoro realizado por Antón Dubra a partir das voces da veciñanza recollidas por Ozzy de Castro e Jorge Catoira.
Marta Chil visitou a Libraría de Barrio, optando por desprazarse á Praza do Conservatorio 8 para darnos a coñecer a libraría Ciudad Escolar.
Na segunda hora puidemos escoitar o que segue:
A Axenda Infantil na voz dos conductores e de Jorge Catoira.
A sección de Cultura recibíu ó grupo madrileño Havalina, de concerto na cidade o día de emisión do programa, e que interpretaron dous temas en vivo e en directo desde o Estudio Alexandre Bóveda.
Na parte de Sociedade os nosos conductores falaron con Jorge Sampedro, educador social e vinculado ó Albergue de Transeúntes da Institución Benéfico-Social Padre Rubinos, unha das asociacións máis destacadas do barrio de Labañou.
A firma deste día levou o nome de Intermón Oxfame a voz de Mayka Beltrán, que falou acerca da carta que varios economistas enviaron ós Ministros de Economía do G20 en relación co respaldo a unha taxa ás transaccións financeiras.
Ar de Coruña recupera a súa estrutura habitual, adicando a primeira parte da súa emisión a un novo barrio da cidade: Os Castros, unha porta de entrada e de saída ó casco urbano.
Este programa estivo conducido por Mónica Alonso e Jorge Catoira, e contou co control técnico a cargo de Ángela Triana, así como coa colaboración do Equipo de Redacción de CUAC FM. Estes foron os contidos da octava entrega do noso magazine comunitario:
Entrevista con José Ángel Abelleira, presidente do Club Atlético dos Castros, de importancia histórica no barrio.
O habitual mosaico sonoro, realizado por Mariano Fernández coas voces da cidadanía do barrio recollidas por Ozzy de Castro e Antón Dubra.
Entrevista co psicólogo de AGALURE, Asociación Galega de Ludópatas Rehabilitados, José Manuel Recouzo.
Marta Chil achegouse á Librería de Barrio, nesta ocasión a Librería Carballido, sita na Avenida dos Caídos 4.
A firma desta emisión chegou de man de Antón González, de Solidariedade Galega, explicando o seu proxecto de cooperación e asistencia a un colectivo de mergulladores en Nicaragua.
Entramos na segunda hora da emisión con Actualidade, Cultura e Sociedade.
A Actualidade levounos a conversar da situación da Planta de Tratamento de Residuos Urbanos da Coruña, Nostián, con Xosé Manuel Vilariño, presidente do Comité de Empresa e voceiro do mesmo.
Cultura comezou coas recomendacións da Axenda Infantil que nos fixeron saber Bea Ulalume e Manuel Castiñeira.
Tamén contamos co grupo coruñés Combo Dinamo, que responderon ás nosas preguntas e tocaron dous temas en vivo desde o Estudio 1 de CUAC FM.
Visitounos Luis Noriega de Cool Films, produtora galega sen ánimo de lucro.
Finalmente, na parte de Sociedade, Manuel Monge, presidente da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña, contounos os actos máis destacados cos que a asociación celebra o 80 aniversario da proclamación da II República.
Programa especial realizado con estudio móbil en Palexco, co motivo da celebración da feira AchegArte 2011, un espazo dedicado á creación e á industria cultural de Galicia. O son víuse afectado por contratempos técnicos que incluso acurtaron a duración inicial do noso programa, razón pola cal pedimos desculpas ós nosos oíntes.
A emisión foi conducida por Mariano Fernández e Manuel Castiñeira, e contou co control técnico de Fernando Souto e de Ángela Triana, ademais da sempre valiosa colaboración do Equipo de Redacción e do Equipo de Tecnoloxía de CUAC FM.
Os contidos desta entrega especial AchegArte foron os seguintes:
Extracto da entrevista realizada para a emisora a Fernando Madina, do grupo Reincidentes.
María Xosé Bravo, concelleira de Cultura da nosa cidade, falounos acerca de AchegArte.
Charla con aCentral Folque, centro galego de música popular.
Fernando Losada falou con Rodrigo de Urco Editora.
Diego de la Vega conversou cun representante de Alita Comics.
Entrevista con Lázaro de UNIMA Galicia, asociación centrada na arte da marioneta.
Visita de Luz Castro, de Imaxin Software, empresa de consultoría e desenvolvemento de servizos software.
Entrevista con Begoña Cuquejo e Marta Alonso de Danesga (Asociación Profesional de Danza Escénica Galega).
Antonio Prado falou con Tati Mancebo, representante do grupo de asistencia cultural na rede Algueirada.
Rematando a emisión, houbo tempo para facer unhas preguntas e escoitar ós cantareiros Maghúa.
Tivemos tamén a fugaz visita sorpresa dun querido membro de CUAC FM no pasado.
Achegamos tamén o mosaico sonoro producido e locutado por Fernando Losada a partir das respostas ás preguntas de Mónica Alonso en relación a AchegArte e á cultura.
Tras unha emisión previa desde o Obelisco, na cal se celebra o 15 aniversario de CUAC FM, a nova entrega de Ar de Coruña comeza como de costume, adicada nesta ocasión ó barrio da Peixería, conducida por Jorge Catoira e Mónica Alonso, e co control técnico a cargo de Mariano Fernández, sen esquecer o labor de produción do Equipo de Redacción.
Entramos no barrio da Peixería da man de Bea Ulalume e da súa habitual radiografía. A continuación mantivemos unha charla con Rafa Vázquez, Presidente da Asociación de Hostaleiros da emblemática rúa da Barrera. Enseguida chegou o momento de escoitar o mosaico sonoro do barrio, realizado por Fernando Losada a partir das voces da cidadanía da zona recollidas por Vera Pidal Pardo e Ángela Triana.
Tamén recollemos a nota de prensa emitida pola Asociación de Sin Papeles da Coruña en torno á detención dun migrante ocorrida no barrio uns días atrás. Roberto Catoira, Presidente daAsociación Cultural Alexandre Bóveda, falounos da súa agrupación e das numerosas actividades que leva a cabo.
Outra sección habitual do programa, a Librería de Barrio, levounos a Cascanueces, situada na rúa Cordonería 10. Xa metidos na segunda hora de emisión puidemos escoitar a firma da semana, esta vez proveniente de Margarita González, de Amnistía Internacional.
Actualidade devolveunos ó centro da cidade e ó barrio da semana. Alí conectamos con máis integrantes de CUAC FM, mediante os cales puidemos comprobar o que sucede nas rúas, e tamén como recebe a cidadanía á nosa emisora. Mariano Fernández explicounos en que consisten as Xornadas Alterando o Normal que se desenvolverán na vindeira semana.
Na parte de Sociedade entrevistamos a José Luis Quintela de Intermón Oxfam. Finalizamos a nosa emisión co apartado de Cultura, onde recollemos as palabras e a música de Depedro, en directo desde o Estudio 1 de CUAC FM.
Mónica Alonso e Manuel Castiñeira conduciron unha nova entrega deste esforzo colectivo do equipo de Redacción de CUAC FM, con Ángela Triana no control técnico: Ar de Coruña. A primeira hora de emisión estivo adicada a un dos barrios máis novos da cidade. Os Rosales foi o protagonista do noso quinto capítulo.
Como é habitual, escoitamos a radiografía sonora do barrio realizada por Bea Ulalume. O Presidente da Asociación de Veciños dos Rosales, Fernando Carrillo, e o seu Vicepresidente, Francisco Javier Rivera, viñeron para dar a súa visión do que acontece nesta parte da cidade, e coñeceron con nós o mosaico sonoro recollido por Ozzy de Castro e Vera Pidal Pardo, e editado por Fernando Losada e Fer Liñares.
Tivemos ocasión de departir con dúas asociacións centradas na atención en persoas con discapacidade intelectual presentes no barrio: Adcor, representada por Marga Garrido, e Artefíos, que tamén quixo deixar constancia da súa presencia. Aínda nos Rosales, Vera Pidal Pardo visitou a librería de barrio, Espacio Cultural, situada na rúa Manuel Azaña 42.
De cheo na segunda hora de emisión, visitounos Jorge Castro de Menores en Red para deixarnos a súa firma. A sección de Cultura trouxo unha entrevista con Enric Montefusco, membro do grupo catalán Standstill, no seu paso pola cidade. Non faltou a Axenda Infantil nas voces dos presentadores e de Jorge Catoira. Ademais, o cantautor coruñés Félix Arias pasou polo Estudio 1 de CUAC FM para responder as nosas preguntas e tocar unha canción coa súa guitarra, anunciando o seu concerto desa mesma noite.
Actualidade centrouse na mesa redonda celebrada no día anterior no Centro Cívico do Castrillón, na cal a organización ATTAC falaba de alternativas financieiras, e que recollíu e comentou Jorge Catoira. Tamén houbo espazo para informarnos da reapertura da Velvet, un emblemático local da Cidade Vella.
Finalizamos o programa na parte de Sociedade falando con Rebeca López Caramés de CASCO, o Comité Cidadán AntiSIDA da Coruña, que se acercou ata a nosa nova emisora con Juan Carlos Espinosa, monitor do piso de acollida da asociación.
O Equipo de Redacción de Ar de Coruña quere expresar as súas desculpas por non poder dispoñer da gravación do programa emitido o sábado 12 de marzo de 2011, debido a un inesperado problema técnico.
Os arquivos de audio xa gravados con anterioridade á emisión deste cuarto capítulo si figuran na presente entrada, e, por tanto, poden ser escoitados e descargados desde esta páxina, como de costume.
Programa conducido por Mariano Fernández e Manuel Castiñeira. O control técnico foi manexado por Fernando Losada.
Chegou o mes de marzo, e con el a terceira edición de Ar de Coruña, o programa comunitario de CUAC FM.
Nesta ocasión, Os Mallos foi o barrio elixido para a primeira hora de emisión desta nova entrega, conducida por Jorge Catoira e Mariano Fernández, e que contou con Ángela Triana e Manuel Castiñeira no control técnico. Como é habitual, Bea Ulalume realizou unha radiografía do barrio protagonista da semana. De seguido escoitamos a entrevista que Mariano Fernández e Ozzy de Castro mantiveron con dúas representantes da ONG para o desenvolvemento Ecos Do Sur.
A continuación chegou o tamén habitual mosaico sonororecollido por Ozzy de Castro e Fernando Losada, e editado e locutado por Víctor Grande. Marta Chil e Roberto Catoira visitaron a librería 7 Mares, especializada en viaxes e situada na rúa Alcalde Asúnsolo, 7. A primeira hora finalizou coa intervención de J. Alejandro Salgado, Presidente da Asociación de Comerciantes Distrito Mallos.
Contamos coa firma de Antía González Pombo, membro da ONGD Solidariedade Galega. A sección de Cultura recibíu a Willy Eter e Carlos Sante da Asociación Cultural Manicómicos que nos falaron acerca das súas actividades actuais. Os conductores do programa e Bea Ulalume repasaron a Axenda Infantil antes de entrevistar ó artista plástico Victoriano Fernández en calidade de integrante da exposición de marzo na galería 981 Style.
A Actualidade centrouse no Entroido. Os presentadores falaron con Manuel Salinas, da Comparsa Monte Alto A 100, que nos deixou un sabor carnavalesco, reflexo do que ocorre na cidade nestas datas. Xa en Sociedade, recibimos a Marcos Gay de ATTAC, e coa súa interesante entrevista finalizou o noso tempo ata a semana próxima.
Ás 12 do mediodía deu comezo o magacín comunitario Ar de Coruña, un programa feito por e para a cidade. É un programa colaborativo feito por un grande número de persoas involucradas. É un ilusionante proxecto que facía falla nesta emisora comunitaria (e na radio coruñesa en xeral): dúas horas adicadas a falar da xente da rúa, das asociacións, dos barrios, da cultura.
Con Iverson de técnico de son, Mariano Fernández e Mónica Alonso deron comezo ao programa nunha presentación na que explicaron a grandes rasgos de que vai ir este programa. A primeira hora trata dun barrio en concreto, neste caso, Montealto, un dos máis emblemáticos barrios da cidade. Bea Ulalume realizou unha contextualización do barrio, e despóis se emitiu o mosaico sonoro, locutado e producido por Víctor Grande a partir das entrevistas na rúa que realizaron Ozzy de Castro e Vera Pidal Pardo. Inmediatamente despois, os conductores entrevistaron a un dos persoeiros máis emblemáticos do barrio: Xurxo Souto, cantante de Os Diplomáticos de Montealto e, por que non dicilo, un dos padriños de Cuac FM, que nos contou que significa para el o barrio desta semana de Ar de Coruña. Tras unha peza sonora de Manolo Rivas, Marta Chil foi á librería Sisargas (Rúa Curros Enríquez, 9) (situada no barrio de Montealto), onde nos recomendaron o libro Todo menos o cuiñar, de John Barlow.
En canto á parte máis social do barrio, Vera Pidal Pardo e Ozzy de Castro entrevistaron a Roci, do Centro Social Atreu (Travesía San Xosé, 2, baixo), que dan espazo a diversos colectivos sociais; e a un dos colectivos que participan en Atreu: Nomepisesofreghao (colectivo feminista). A seguinte entrevista foi a Virxilio Teixeiro, que nos falou do Centro Social Okupado Casa das Atochas.
A segunda hora consta de tres partes ben diferenciadas: Cultura, Actualidade e Sociedade. En Cultura, que Tomás Legido realizou unha entrevista a Felipe Criado sobre a inauguración da Normal, e con Luis Diaz, un dos fotógrafos que participan na exposición que inaugura este espazo da UDC; e posteriormente, Mónica Alonso, Mariano Fernández, Jorge Catoira e Roberto Catoira repasaron a axenda cultural da semana, onde se recordou a entrevista que o grupo A Rolos de Salitre concedeu ao noso programa Folk in Trío (e que nos cedeu amablemente Antonio Prado), xa que hoxe o citado grupo tocaba na FNAC.
En Actualidade, conectamos en directo con Manuel Castiñeira e Fernando Losada, quen entraron en directo dende o Palexco, onde se estaba a celebrar o Espazo Solidario, unha feira de máis de 50 asociacións con presenza nesta cidade. En directo, entrevistouse a representantes de ADEGA, ACSUR-Galiza e Viraventos. No caso de ACSUR cortouse a comunicación en directo, pero gravamos un audio a maiores que colgaremos en breve no noso podcast.
En Sociedade, Mariano Fernández entrevistou no Estudio José Couso a un integrante do Centro Social Gomes Gaioso, que ao igual que Atreu e a Casa das Atochas, tamén se atopa no Barrio de Montealto, e ao igual que as anteriores, falounos das diversas actividades que están a realizar.
Ademáis, no Espazo Solidario, os nosos reporteiros estiveron entrevistando a outras asociacións asociacións amais das que saíron do programa; eses audios emitiránse nos vindeiros programas de Áfrika Páprika.