Ar de Coruña. Capítulo 3: Os Mallos

Chegou o mes de marzo, e con el a terceira edición de Ar de Coruña, o programa comunitario de CUAC FM.

Nesta ocasión, Os Mallos foi o barrio elixido para a primeira hora de emisión desta nova entrega, conducida por Jorge Catoira e Mariano Fernández, e que contou con Ángela Triana e Manuel Castiñeira no control técnico. Como é habitual, Bea Ulalume realizou unha radiografía do barrio protagonista da semana. De seguido escoitamos a entrevista que Mariano Fernández e Ozzy de Castro mantiveron con dúas representantes da ONG para o desenvolvemento Ecos Do Sur.

A continuación chegou o tamén habitual mosaico sonoro recollido por Ozzy de Castro e Fernando Losada, e editado e locutado por Víctor Grande. Marta Chil e Roberto Catoira visitaron a librería 7 Mares, especializada en viaxes e situada na rúa Alcalde Asúnsolo, 7. A primeira hora finalizou coa intervención de J. Alejandro Salgado, Presidente da Asociación de Comerciantes Distrito Mallos.

Contamos coa firma de Antía González Pombo, membro da ONGD Solidariedade Galega. A sección de Cultura recibíu a Willy Eter e Carlos Sante da Asociación Cultural Manicómicos que nos falaron acerca das súas actividades actuais. Os conductores do programa e Bea Ulalume repasaron a Axenda Infantil antes de entrevistar ó artista plástico Victoriano Fernández en calidade de integrante da exposición de marzo na galería 981 Style.

A Actualidade centrouse no Entroido. Os presentadores falaron con Manuel Salinas, da Comparsa Monte Alto A 100, que nos deixou un sabor carnavalesco, reflexo do que ocorre na cidade nestas datas. Xa en Sociedade, recibimos a Marcos Gay de ATTAC, e coa súa interesante entrevista finalizou o noso tempo ata a semana próxima.

Ir a descargar

Sigue leyendo