Entrevista a Radiovisual (martes, 16:00 a 17:00)

  • El Detective: Dun programa de humor (Sopas con onda) a un divulgativo. ¿Como se vos ocorreu a Gutier Rolán e a ti (Víctor Grande) pegar ese cambio?
  • Radiovisual: Por dúas razones, por un lado polo sinxelo “cambio”. Sete anos facendo programas de humor… non digo que sexa cansado, senón que me apetecía probar novos formatos. E por outro lado, o noso traballo/paixón. Nós traballamos no sector audiovisual a pequena escala e nos apaixoa este mundo. Apetecíanos aunar os conceptos de produccións mainstream e pequena producción da nosa terra, sin comparacións, simplemente mezclados para entreter e ensinar aos nosos oíntes o que non se ve nin se oe tralas cámaras ou as bambalinas. Queremos que o resultado final sexa unha mezcla de divulgación e entretenimiento, porque no fondo, un programa de radio é outro formato audiovisual máis que debe cumplir ese obxectivo.
  • ED: ¿Como vedes o panorama audiovisual galego?
  • R: Galicia, por sorte, é cuna de grandes creadores e proba de iso é a cantidade de festivales do sector que hai por toda a nosa xeografía. Contamos con pequenas e grandes productoras que están facendo traballos magníficos, que ademáis, por sorte outra vez, están sendo recoñecidos a nivel internacional. Queremos contactar tanto cos grandes como cos máis pequenos para que nos mostren o talento que hai na nosa terra e xa, pensando nos máis pequenos, queremos ofrecerlles unha plataforma máis desde a que promocionar as súas creacións.
  • ED: Coméntanos as virtudes e defectos do teu programa:
  • R: Todavía estamos calentando motores. Fixemos un piloto para probar o formato y recibimos as primeiras críticas. Boas e malas. Virtudes, diría que é un formato innovador en Cuac FM, sobre todo en canto a contidos, aínda que me consta que nalgún programa como Arquivos de Son, se fala de curtametraxes galegos nalgunha ocasión. Na nosa emisora houbo programas de cine, pero quizáis non tiveron cabida espazos nos que se analicen en profundidade aspectos puramente técnicos, con debates e análisis e sobre todo explicacións de por que unha creación é así. Outra virtude que queremos explotar son as entrevistas no estudo con xente do sector audiovisual, que podremos ter grazas aos contactos que temos co mundillo.E defectos, comentáronnos que nos falta un pouquiño de ritmo, que non deberiamos abusar da música jazz de fondo e que probablemente non podamos facer o noso programa tódalas semanas por motivos laborais, aínda que trataremos de ofrecer sempre un programa de calidade, con contidos interesantes e cun compoñente didáctico, para un amplo espectro de oíntes.
  • ED: ¿Qué programas de Cuac FM escoitas máis habitualmente?
  • VG: Somos fans de Periscópicos, en canto a programas de humor, porque nos encanta o humor intelixente con toques surrealistas. Ademáis, nos gustan outros programas culturais como Arquivos de Son, de crítica como Alegría e monográficos como El Detective. En canto a programas musicais, parécenos que en Cuac FM hai tanta calidade e orixinalidade que resulta dificil decantarse. Desde un clásico como Resaca Musical ata os máis modernos Nin Puta Idea ou Juventud Moderna. Realmente non escoitamos programas concretos con asiduidade, escoitamos Cuac FM con asiduidade, e cada vez que o 103.4 se cola na nosa radio, é unha sorpresa o que nos encontramos.
  • ED: Por último, dinos por que os oíntes deben escoitar Radiovisual cada martes de 16 a 17 horas.
  • R: Vos invito a que nos escoitedes, agora que estamos comezando, e sobre todo se vos gusta comprar as edicións de coleccionista das vosas series e películas favoritas, porque a nós si, nos gusta ver máis alá dos 40 minutos que dura un capítulo e nos gusta coñecer a todos esos tipos raros que hai detrás das cámaras e que xamáis nos paramos a ler nos títulos de crédito. Ademáis, como unha parte importante do programa lla dedicamos ao sector audiovisual galego, creo que pode servir para que todas esas pequenas e grandes produccións que nunca se ven en televisións xeralistas, podan chegar a máis xente. Non é pouco ao que aspiramos, pero nos fai ilusión.

Entrevista a Nin Puta Idea (sábado, 21:00 – 22:00)

  • El Detective: Nin puta idea é un programa de recente creación. ¿Cal foi a vosa primeira impresión ó chegar ó Estudio José Couso de Cuac FM?
  • Germán:Particularmente a min as cabinas técnicas soanme lugares familiares, xa que profesionalmente son técnico, e vocacional e semiprofesionalmente son músico e tanto as dos técnicos como os locais de ensaio/gravación soen ser moi parecidos tanto en dimensións como en materiais, olores, instrumental, etc.Este estudo en particular non foi un lugar descoñecido para nós, xa temos subido noutras ocasións, por diferentes motivos. Case que agora, inda que pareza pronto dicilo, xa é como estar na casa.
  • Xoán: A impresión que me causou o estudio, moi boa… e a sensación minha ao facer o primeiro programa (e o segundo,e o terceiro)penso que nervios e ilusión por comezar.
  • ED: Aínda que o título pode dar algunha pista, resumide brevemente de qué vai o voso programa.
  • G: Dende a humildade do “non saber”, queremos coñecer propostas novas, tomarlle o pulso a escena e a criatividade galegas. Gostaríanos falar de todo aquelo que, todavía, non temos nin puta idea, pero de non poder ser (se os ouvintes non participan unha semana) falar das cousas que nos gustan buscando a información do xeito máis simple e direito, o que faría calquera que non ten nin puta idea.
  • X: Coma recén nados, aínda estamos a dárlle forma a algunhas ideas pra futuras seccións, pero basicamente no programa vai soar música independente (ou non) Galega e internacional e imos falar de teatro e cine, tamén de corte non convencional, e tanto galego coma do mundo mundial.
  • ED: ¿Cales son as vosas virtudes e defectos, como programa?
  • G: As virtudes son dúas… pero non me lembro dos seus nomes, tiñan o pelo negro e saían con gafas de sol nun programa casposo de antena tres creo…Os defectos, para min son, que todo o que queremos contar queremos sempre incluilo nunha edición. Cando, aprendendo dos grandes mestres inda vivos, sempre podemos facer capítulos. A pega é que seguirlle a pista a un capitulo monográfico de semana en semana, parece un pouco complicado.Outro defecto e o perfeccionismo. Non ter nin idea, non implica facer as cousas de calquera xeito. A min gústame o acabado fino e non me conformo facilmente. Se hai que cambiar algo cada edición ate que quede ao gusto, pois cambiarase. Nada de conformarse.
  • X: Defectos, nengún. E virtudes tampouco… En serio, os defectos pois suponho que os propios de dous habitantes do planeta Nin Puta Idea que nunca fixeron radio. É un programa sen máis pretensións que pasalo ben e compartir cousas que nos parecen interesantes.
  • ED: ¿Que programas de Cuac FM escoitades máis frecuentemente?
  • G: Sorprendeume Juventud Moderna, pola variedade e o carisma do locutor. Pareceme interesante aprender sempre algo de temas que xa coñeces pero non lles prestaches suficiente atención.O meu favorito de todos xeitos é “El Desinformativo“. Gustanme tódolos participantes, penso que se complementan e que sempre sacan noticias moi interesantes potencialmente polémicas ate que os mesmos críticos do programa traen a colación asuntos que afondan no meollo destas. Logo conseguen que deas un novo punto de xiro acerca das novas informativas. Realmente esclarecedor.
  • X: Ríome moito cos rapaces de ¿Y si no de qué?, infórmome co El Desinformativo, e gosto da Juventud Moderna. Tamén tenho escoitado BSO, El Complejo Lambda, Alegría, Zona Gaia, El Imperdible, Chanfaina Bizarra, Music Box e outros companheiros…
  • ED: Finalmente, ¿como animaríades aos oíntes para que escoiten “Nin puta idea”, cada sábado, de 21 a 22 horas?
  • G: Xusto antes de sair a tomar unha copiña, ou mentres estás ceando… ou se xa estás quencendo motores na casa, dándolle duro na parque, na praia, no ordenador… da igual de onde sexas… si Australia ás 5 da mañá ou Chile ás 5 da tarde… tódolos Sábados, de 9 a 10 da noite, unha cita ineludible coa cultura independente na Cuac FM.E tamén dous ovos duros (mellor catro que se non deixamos un ovo mol cada un).
  • X: Venha rapaces, ánimo que só dura unha hora…