Ar de Coruña. Capítulo 12: Castro de Elviña

Nesta nova entrega do magazine comunitario desde o Estudio 1 de CUAC FM, o Equipo de Redacción da emisora achegouse ó barrio do Castro de Elviña. Presentaron o programa Jorge Catoira e Manuel Castiñeira, contando coa colaboración de Bea Ulalume (Radiografía e Axenda Infantil) e de Mariano Fernández, que se encargou do control técnico.

Na primeira hora de emisión escoitamos a Radiografía adicada ó barrio da semana e realizada por Bea Ulalume. Tivemos a visita de tres asociacións do lugar, as cales nos falaron das súas agrupacións e actividades, así como das relacións que manteñen co barrio:

Como é habitual, dous reporteiros, nesta ocasión Marta Chil e Jorge Catoira, recolleron as voces da veciñanza que forman o mosaico sonoro realizado por Borja Granados.

O tema das expropiacións na zona do pobo de Elviña foi tratado nas voces dos nosos tres convidados.

Ir a descargar

Fallo do XIII Concurso de Maquetas de CUAC FM

O xurado decidíu conceder o primeiro premio do XIII Concurso de Maquetas de CUAC FM ó grupo madrileño LAMPROLOGUS, que actuaron na sala Mardi Gras o pasado sábado 30 de marzo xunto ó outro grupo finalista e segundo clasificado, The Dealers.

Green Fandango recibíu o premio á mellor banda local.

Vídeos

Ar de Coruña. Capítulo 11: I Romaría Asociativa de CUAC FM

Ar de Coruña emitíuse desde o Parque de Marte, lugar onde se realizou a I Romaría Asociativa de CUAC FM. Os equipos de Redacción e de Tecnoloxía achegaron á rúa o magazine comunitario semanal da emisora. Diversas asociacións participantes neste encontro pasaron polos micrófonos deste programa especial centrado no asociacionismo, e conversaron con Mariano Fernández e Manuel Castiñeira. Os reporteiros Diego de la Vega e Iverson recolleron as impresións dalgúns dos asistentes a esta I Romaría Asociativa.

  • Marcial Blanco foi o primeiro convidado neste undécimo programa. É membro de Zocaminhoca, unha cooperativa de consumo responsable da cidade.
  • Roberto Catoira, da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda, e Sheila, do Centro Social Gomes Gaioso, falaron das principais actividades que desenvolven nas súas respectivas agrupacións e da visibilidade do tecido asociativo da cidade.
  • Ozzy de Castro volveu á rúa para recoller opinións sobre o movemento asociativo na Coruña. O mosaico sonoro foi completado coa produción e locución de Antón Dubra.
  • Adama e Jimmy, dous senegaleses da Asociación Sen Papeis da Coruña, tamén conversaron cos nosos locutores.
  • Tomás Legido lembrounos a celebración do concerto correspondente á final do XIII Concurso de Maquetas de CUAC FM esa mesma noite.
  • Finalmente, uns representantes de ADCOR, organización sen ánimo de lucro adicada a axudar a persoas adultas con discapacidade intelectual, deixaron constancia do labor do seu colectivo.

A fotografía que acompaña a este texto pertence ó artigo publicado polo diario La Opinión A Coruña o 1 de maio de 2011.

Ir a descargar