Ar de Coruña finaliza as súas emisións por esta tempada cun programa especial e diferente en estrutura e contidos. Este programa estivo conducido por Mónica Alonso e Jorge Catoira e contou con Manuel Castiñeira no control técnico e coa imprescindible colaboración de Borja Granados, do Equipo de Tecnoloxía de CUAC FM, así como co traballo do Equipo de Redacción da emisora.
- Presentouse o curso de galego realizado polo Equipo de Redacción, coa colaboración de moitos integrantes da emisora: Isto É Galego, do cal puidemos desfrutar de varias partes.
- A literatura en forma de poesía tivo a súa presenza na voz de Manuel Rivas.
- Entrevistamos a Fran Rei, da plataforma cidadá Queremos Galego.
- Recuperamos a entrevista emitida no programa Folk In Trío ó colectivo Agrumar, que nos falou da situación da música tradicional en Galicia e da polémica debida á súa descalificación dun concurso radiofónico dunha emisora non comunitaria.
- Tamén reemitimos un documento sonoro en relación á historia das Letras Galegas e unha entrevista ó escritor Xulio López Valcárcel, que falou de Lois Pereiro, protagonista do Día das Letras Galegas deste ano, por cortesía do programa A Fume De Carozo.
- Recollemos a información emitida no programa Alegría acerca do Día Internacional dos Museos, que se celebra mediante o programa “Baixo as estrelas“. Do mesmo espazo recuperamos as palabras do artista Manu Clavijo, que vén de gravar varias cancións con letras de Lois Pereiro.
- Informamos sobre a campaña “O Galego medra contigo” do Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña, e doutros eventos de actualidade relacionados coa Festa do Libro.
- O programa Recendo ofreceunos a entrevista realizada no seu espazo a Xosé Luís Méndez Ferrín, Presidente da Real Academia Galega.
- Lembramos a visita realizada á libraría Sete Mares.
Deica pronto!