Nesta nova entrega do magazine comunitario desde o Estudio 1 de CUAC FM, o Equipo de Redacción da emisora achegouse ó barrio do Castro de Elviña. Presentaron o programa Jorge Catoira e Manuel Castiñeira, contando coa colaboración de Bea Ulalume (Radiografía e Axenda Infantil) e de Mariano Fernández, que se encargou do control técnico.
Na primeira hora de emisión escoitamos a Radiografía adicada ó barrio da semana e realizada por Bea Ulalume. Tivemos a visita de tres asociacións do lugar, as cales nos falaron das súas agrupacións e actividades, así como das relacións que manteñen co barrio:
- A Sociedade Deportiva Relámpago (Relámpago S. D.), que enviou a Ignacio Bermúdez
- A Asociación de Veciños Os Rexumeiros, representada polo seu vicepresidente, Luis Gómez
- A Sociedade Recreativa, Cultural e Deportiva Tempo Novo, por medio de Samuel
Como é habitual, dous reporteiros, nesta ocasión Marta Chil e Jorge Catoira, recolleron as voces da veciñanza que forman o mosaico sonoro realizado por Borja Granados.
O tema das expropiacións na zona do pobo de Elviña foi tratado nas voces dos nosos tres convidados.
- Na segunda hora emitimos a firma semanal, esta vez a cargo de Solidariedade Galega. Fina Pombo comentou o traballo de cooperación en oftalmoloxía en varios países de Latinoamérica.
- A parte de Sociedade recibíu a visita de Jorge Castro Ruso para falar de mobilización real en relación con Internet.
- En Cultura soubemos da Axenda Infantil para os próximos días e puidemos escoitar un fragmento dunha entrevista realizada no programa Afrika Paprika ó grupo madrileño Lamprologus, gañadores do XIII Concurso de Maquetas de CUAC FM.
- Finalmente, en Actualidade, falamos telefonicamente con Eduardo Romero, ponente da palestra “O impacto da crise sobre as persoas migrantes” no luns seguinte, recollemos un par de informacións deportivas e mencionamos a celebración das II Xornadas de Consumo Consciente e Responsable organizadas polo colectivo Zocaminhoca. Rematamos a emisión escoitando o que nos contou Javier Novelle, presidente da Asociación de Amigos da Casa das Ciencias, en relación co Día da Ciencia na Rúa.