Tralas insistencias da cidadanía, o Concello non vai incumplir a promesa de Javier Losada de que este ano haberá un Gran Noroeste; polo menos, haberá Noroeste Pop Rock. Os días 4 e 5 de agosto (mércores e xoves, respectivamente). De feito, convócase un Concurso polo que, as bandas ou solistas que queiran, poden optar a participar no Festival.
Un Xurado (no que vai participar Cuac FM) seleccionará aos 10 grupos (dos que polo menos a metade dos compoñentes deben estar empadroados en Galicia), e entre eles aos dous Primeiros Premios, que recibirán 2.500 €. Os outros 8 grupos serán sometidos a votación popular, e os dous Segundos Premios recibirán 2.000 €. Todos os premiados participarán no Festival Noroeste Pop Rock.
Por suposto, os participantes teñen que tocar música pop. Ou rock. Ou pop-rock. Non valen outros estilos.
Datas a ter en conta:
- 1 de xuño: a metade dos componentes dos grupos participantes deben estar empadroados en Galicia antes desta data.
- 15 de xullo de 2010 (ás 24:00 h): data límite para presentar as solicitudes de participación, na web ou nas oficinas do IMCE (Coliseum).
- 20 de xullo – 25 de xullo (ás 24:00 h): votación popular dos oito grupos finalistas na web do Festival.
- 4 (mércores) e 5 (xoves) de agosto: Festival Noroeste Pop Rock.
Máis información e bases: