XII Concurso de Maquetas de Cuac FM: A Mellor Banda Local, Proyecto Kournikova, actúa o venres 4 en FNAC A Coruña.

Proyecto Kournikova foron elexidos como mellor banda local entre aquelas que enviaron o seu traballo ao XII Concurso de Maquetas de Cuac FM. Foron os propios socios da emisora, técnicos e locutores os que  tomaron esta decisión.

A banda recibirá como premio 300 euros que serán entregados o venres 4 de xuño durante a sua actuación no FNAC de A Coruña.
O concerto comezará as 19:30 horas e a entrada é gratuita. Aforo limitada.

Cuac FM, detrás da música local dende 1996.

ACTUALIZADO:

Proyecto Kournikova recibiron o pasado venres en FNAC o premio que os acredita como a mellor banda local do XII Concurso de maquetas de CUAC FM.

Durante a actuación, con varios componentes afectados pola gripe, interpretaron temas das suas última maqueta, nas que as letras das canciones cobran protagonismo.

Ademáis Proyecto Kournikova presentou o seu novo baixista.

Na foto os cinco compoñentes co “cheque” acreditativo do premio Coca-cola á mellor Banda Local.