Ar de Coruña recupera a súa estrutura habitual, adicando a primeira parte da súa emisión a un novo barrio da cidade: Os Castros, unha porta de entrada e de saída ó casco urbano.
Este programa estivo conducido por Mónica Alonso e Jorge Catoira, e contou co control técnico a cargo de Ángela Triana, así como coa colaboración do Equipo de Redacción de CUAC FM. Estes foron os contidos da octava entrega do noso magazine comunitario:
- Bea Ulalume radiografía o barrio de Os Castros.
- Entrevista con José Ángel Abelleira, presidente do Club Atlético dos Castros, de importancia histórica no barrio.
- O habitual mosaico sonoro, realizado por Mariano Fernández coas voces da cidadanía do barrio recollidas por Ozzy de Castro e Antón Dubra.
- Entrevista co psicólogo de AGALURE, Asociación Galega de Ludópatas Rehabilitados, José Manuel Recouzo.
- Marta Chil achegouse á Librería de Barrio, nesta ocasión a Librería Carballido, sita na Avenida dos Caídos 4.
- A firma desta emisión chegou de man de Antón González, de Solidariedade Galega, explicando o seu proxecto de cooperación e asistencia a un colectivo de mergulladores en Nicaragua.
Entramos na segunda hora da emisión con Actualidade, Cultura e Sociedade.
- A Actualidade levounos a conversar da situación da Planta de Tratamento de Residuos Urbanos da Coruña, Nostián, con Xosé Manuel Vilariño, presidente do Comité de Empresa e voceiro do mesmo.
- Cultura comezou coas recomendacións da Axenda Infantil que nos fixeron saber Bea Ulalume e Manuel Castiñeira.
- A continuación, falamos telefonicamente con Paula Carballeira, participante do Ciclo de Monólogos do Forum Metropolitano.
- Tamén contamos co grupo coruñés Combo Dinamo, que responderon ás nosas preguntas e tocaron dous temas en vivo desde o Estudio 1 de CUAC FM.
- Visitounos Luis Noriega de Cool Films, produtora galega sen ánimo de lucro.
- Finalmente, na parte de Sociedade, Manuel Monge, presidente da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña, contounos os actos máis destacados cos que a asociación celebra o 80 aniversario da proclamación da II República.