Ar de Coruña. Capítulo 9: Labañou

O noveno Ar de Coruña achegouse ó histórico barrio de Labañou. A emisión foi conducida por Mariano Fernández e Mónica Alonso. Manuel Castiñeira ocupouse do control técnico coa colaboración de Ángela Triana. Este programa, realizado polo Equipo de Redacción de CUAC FM, incluíu os seguintes contidos:

Na segunda hora puidemos escoitar o que segue:

  • A Axenda Infantil na voz dos conductores e de Jorge Catoira.
  • A sección de Cultura recibíu ó grupo madrileño Havalina, de concerto na cidade o día de emisión do programa, e que interpretaron dous temas en vivo e en directo desde o Estudio Alexandre Bóveda.
  • Na parte de Sociedade os nosos conductores falaron con Jorge Sampedro, educador social e vinculado ó Albergue de Transeúntes da Institución Benéfico-Social Padre Rubinos, unha das asociacións máis destacadas do barrio de Labañou.
  • A firma deste día levou o nome de Intermón Oxfam e a voz de Mayka Beltrán, que falou acerca da carta que varios economistas enviaron ós Ministros de Economía do G20 en relación co respaldo a unha taxa ás transaccións financeiras.
  • Rematamos con Actualidade, dando lectura ó comunicado emitido poucos días atrás polo Centro Social Ocupado Casa das Atochas ante o forzado desaloxo realizado.

Ir a descargar

Ar de Coruña. Capítulo 6: Peixería

Tras unha emisión previa desde o Obelisco, na cal se celebra o 15 aniversario de CUAC FM, a nova entrega de Ar de Coruña comeza como de costume, adicada nesta ocasión ó barrio da Peixería, conducida por Jorge Catoira e Mónica Alonso, e co control técnico a cargo de Mariano Fernández, sen esquecer o labor de produción do Equipo de Redacción.

Entramos no barrio da Peixería da man de Bea Ulalume e da súa habitual radiografía. A continuación mantivemos unha charla con Rafa Vázquez, Presidente da Asociación de Hostaleiros da emblemática rúa da Barrera. Enseguida chegou o momento de escoitar o mosaico sonoro do barrio, realizado por Fernando Losada a partir das voces da cidadanía da zona recollidas por Vera Pidal Pardo e Ángela Triana.

Tamén recollemos a nota de prensa emitida pola Asociación de Sin Papeles da Coruña en torno á detención dun migrante ocorrida no barrio uns días atrás. Roberto Catoira, Presidente da Asociación Cultural Alexandre Bóveda, falounos da súa agrupación e das numerosas actividades que leva a cabo.

Outra sección habitual do programa, a Librería de Barrio, levounos a Cascanueces, situada na rúa Cordonería 10. Xa metidos na segunda hora de emisión puidemos escoitar a firma da semana, esta vez proveniente de Margarita González, de Amnistía Internacional.

Actualidade devolveunos ó centro da cidade e ó barrio da semana. Alí conectamos con máis integrantes de CUAC FM, mediante os cales puidemos comprobar o que sucede nas rúas, e tamén como recebe a cidadanía á nosa emisora. Mariano Fernández explicounos en que consisten as Xornadas Alterando o Normal que se desenvolverán na vindeira semana.

Na parte de Sociedade entrevistamos a José Luis Quintela de Intermón Oxfam. Finalizamos a nosa emisión co apartado de Cultura, onde recollemos as palabras e a música de Depedro, en directo desde o Estudio 1 de CUAC FM.

Ir a descargar

Ir a descargar

Sigue leyendo

Ar de Coruña. Capítulo 2: Agra do Orzán

[vimeo]http://vimeo.com/7391743[/vimeo]

Unha semana despois da súa estrea, Ar de Coruña, o novo programa comunitario de CUAC FM, colle máis folgos e chega á súa segunda entrega.

Nesta ocasión a primeira hora do programa estivo adicada a outro destacado barrio da cidade: Agra do Orzán. Mariano Fernández ocupouse do control técnico, sendo conducido o magazine por Mónica Alonso e Jorge Catoira. Bea Ulalume encargouse de mostrarnos unha contextualización do barrio como punto de partida para achegarse a esta parte da cidade. A continuación, os presentadores pasaron a entrevistar a tres representantes da Asociación Veciñal Agra do Orzán. Chegou despois o mosaico sonoro realizado por Víctor Grande a partir das entrevistas na rúa feitas por Ozzy de Castro e Jorge Catoira.

Outras voces do barrio tiveron cabida e conversaron cos nosos conductores no estudio 1 de CUAC FM: trátase de Nicanor Acosta, de Forum Propolis; Rubén Sánchez, director de La Voz del Barrio, e Guillermo Zurita en representación da Asociación de Sin Papeles da Coruña. A primeira hora do programa rematou coa visita que Marta Chil realizou á libraría da semana: Couceiro, situada na Ronda de Outeiro 248, da cal saíu con varias recomendacións de lectura.

A parte centrada na Cultura comezou cunha entrevista ó grupo coruñés Proyecto Kournikova, da man de Ángela Triana. A presencia desta banda completouse con dúas das súas cancións interpretadas en directo e en acústico desde o Estudio Alexandre Bóveda da emisora. Intermón Oxfam deixounos unha firma repleta de sensibilidade social. Para rematar este tempo do programa, Bea Ulalume, Fernando Losada e Manuel Castiñeira encargáronse da Axenda Infantil da semana.

A Actualidade achegouse à Praza de España, onde Antonio Prado entrevistou a algúns veciños acerca da remodelación e inauguración dos novos espazos do Campo da Leña. Tamén tivo a oportunidade de conversar co arquitecto Felipe Peña, responsable desta reforma. A continuación emitíuse unha reportaxe de Mariano Fernández e Fernando Losada na que se recolleu un acto reivindicativo respecto do pequeno comercio dentro do proxecto Pequenas Superficies.

Finalmente, na parte dedicada a Sociedade, Mónica Alonso e Jorge Catoira achegáronse a Masa Crítica, un colectivo ciclista ó que pertencen os convidados Fran García Campos e Luis Domínguez Muñoz.

Ir a descargar

Sigue leyendo