Ar de Coruña. Capítulo 12: Castro de Elviña

Nesta nova entrega do magazine comunitario desde o Estudio 1 de CUAC FM, o Equipo de Redacción da emisora achegouse ó barrio do Castro de Elviña. Presentaron o programa Jorge Catoira e Manuel Castiñeira, contando coa colaboración de Bea Ulalume (Radiografía e Axenda Infantil) e de Mariano Fernández, que se encargou do control técnico.

Na primeira hora de emisión escoitamos a Radiografía adicada ó barrio da semana e realizada por Bea Ulalume. Tivemos a visita de tres asociacións do lugar, as cales nos falaron das súas agrupacións e actividades, así como das relacións que manteñen co barrio:

Como é habitual, dous reporteiros, nesta ocasión Marta Chil e Jorge Catoira, recolleron as voces da veciñanza que forman o mosaico sonoro realizado por Borja Granados.

O tema das expropiacións na zona do pobo de Elviña foi tratado nas voces dos nosos tres convidados.

Ir a descargar

Ar de Coruña. Capítulo 2: Agra do Orzán

[vimeo]http://vimeo.com/7391743[/vimeo]

Unha semana despois da súa estrea, Ar de Coruña, o novo programa comunitario de CUAC FM, colle máis folgos e chega á súa segunda entrega.

Nesta ocasión a primeira hora do programa estivo adicada a outro destacado barrio da cidade: Agra do Orzán. Mariano Fernández ocupouse do control técnico, sendo conducido o magazine por Mónica Alonso e Jorge Catoira. Bea Ulalume encargouse de mostrarnos unha contextualización do barrio como punto de partida para achegarse a esta parte da cidade. A continuación, os presentadores pasaron a entrevistar a tres representantes da Asociación Veciñal Agra do Orzán. Chegou despois o mosaico sonoro realizado por Víctor Grande a partir das entrevistas na rúa feitas por Ozzy de Castro e Jorge Catoira.

Outras voces do barrio tiveron cabida e conversaron cos nosos conductores no estudio 1 de CUAC FM: trátase de Nicanor Acosta, de Forum Propolis; Rubén Sánchez, director de La Voz del Barrio, e Guillermo Zurita en representación da Asociación de Sin Papeles da Coruña. A primeira hora do programa rematou coa visita que Marta Chil realizou á libraría da semana: Couceiro, situada na Ronda de Outeiro 248, da cal saíu con varias recomendacións de lectura.

A parte centrada na Cultura comezou cunha entrevista ó grupo coruñés Proyecto Kournikova, da man de Ángela Triana. A presencia desta banda completouse con dúas das súas cancións interpretadas en directo e en acústico desde o Estudio Alexandre Bóveda da emisora. Intermón Oxfam deixounos unha firma repleta de sensibilidade social. Para rematar este tempo do programa, Bea Ulalume, Fernando Losada e Manuel Castiñeira encargáronse da Axenda Infantil da semana.

A Actualidade achegouse à Praza de España, onde Antonio Prado entrevistou a algúns veciños acerca da remodelación e inauguración dos novos espazos do Campo da Leña. Tamén tivo a oportunidade de conversar co arquitecto Felipe Peña, responsable desta reforma. A continuación emitíuse unha reportaxe de Mariano Fernández e Fernando Losada na que se recolleu un acto reivindicativo respecto do pequeno comercio dentro do proxecto Pequenas Superficies.

Finalmente, na parte dedicada a Sociedade, Mónica Alonso e Jorge Catoira achegáronse a Masa Crítica, un colectivo ciclista ó que pertencen os convidados Fran García Campos e Luis Domínguez Muñoz.

Ir a descargar

Sigue leyendo