- El Detective: Na entrevista semanal, esta semana toca un programa acostumado a “delinquir” (Tomi dixit) pedindo o voto fora da campaña electoral, e sobornando aos votantes con comida. ¿Non sentides que estades a pervertir o libre exercicio ao voto dos compañeiros da emisora? É máis, ¿o ano que ven faredes de novo esas tortillas tan ricas que fixeron que vos votase ata como “Mellor Locutor”?
- Lo Fala Calado: Aiiiiii, as tortillas!!! Nos solo queríamos alimentar os locutores de cuacfm, que os viamos moi desnutridos, así que aprobeitamos e fixemos unhas tortilliñas para os Oscuacs 09 :PBromas a parte, o primeiro ano que fumos os Oscuacs chegamos sen nada, e vimos que a xente repartía carambelos con nomes do seu programa, outros repartiron pegatinas, e outros ian con camisetas do seu programa. Vimos un ambiente moi festivo e bonito. Nos chegaramos sen nada preparado e fixemos un papel a prisa e correndo que poñia “Beso por voto” . O ano seguinte pensamos en preparar algo chulo, e pensamos nas tortillas, a modo Fraga en campaña electoral, “Pincho por voto” . A intencion era levar algo divertido, nada máis. Os Oscuacs son unha festa e creo que non deberian influir nos votos que leves un caramelo,ou nada. Debes votar a quen queiras co criterio que estimes oportuno. E este ano… ainda non sabemos o que levaremos, pero on pensedes que vamos a alimentarvos sempre, jijijji.
- María Fala Calado: Certo é, os Oscuac son para pasalo ben e coñecer máis aos teus compis de radio. O ano pasado tortillas e bocatadillos de nocilla, este ano…aínda non o sabemos, pero non somos das que repetimos, así que…quen sabe….
- ED: A xente de Relacións Laborales está creando un bastión dentro de Cuac FM con programas como Dentro de un orden, o seu spin-off Anatomía Deportiva, e por suposto Fala Calado. ¿É que tedes un sexto sentido co que captades as chamadas da radio que outros non teñen?
- LO: eu estudiei Relacións Laborais, pero xa rematei fai uns tres anos. Ía na clase con Juan, Iago, e Lucas. Son os meus amigos, pero non ten nada que ver que acabásemos todos na Cuac FM. Cando eu estaba en 2º ano de carreira empecei coas nenas en Radio Roncudo, cun programa que se chamaba “A Resaca” pasamos pouco tempo na emisora cormelana, pero sempre nos quedaran as ganas de seguir facendo radio. Así que no 2007 (eu xa non estaba en RR.LL) enteramonos de que existía a Cuac FM e decidimos facer o programa aquí, que mutou de nome para Fala Calado, porque na 103.4 xa estaban os compañeiros de “Resaca Musical” e ía ser moita resaca xunta.Como decía non ten nada que ver que acabasemos todos aquí. O deles foi por unha idea do actual Director da escola de RR.LL. para que o alumnado se movera e participara na radio, para difundir noticias da escola. Eu nunca participaria nun proxecto da miña antiga escola se é promovido por este Director, porque non fago moi boas migas con ese señor, a idea pareceume boisima, pero con ese home cero de trato. Nos viñemos dende Corme, como dixen, a única vinculación con Anatomía e Dentro de un orden é que son moi bos amigos meus. E por certo, están facendoo moi ben, e encantariame que viñera máis xente de RR.LL ou de Corme facer un programa en Cuac FM.
- MA: a min encádrame cos informáticos se queres, de feito, só Lo estudiou alí. Dende os principios de Fala Calado, sempre houbo de todo…e nada repetido, bueno… ata agora coa incorporación de Ramos, porque si… ¡¡¡¡temos un rapaz en Fala Calado!!!!Non creo que os estudios que fagas teñan algo que ver con que che guste a radio ou non (só que se eres informática, non sei porque, tes grandes posibilidades de rematar na mesa de son….).
- ED: ¿De que cousas podedes presumir, e que cousas tendes que mellorar no programa de Fala Calado?
- LO: Eu presumo, e digoo con mayúsculas “PRESUMO” de que o paso moi ben facendo o programa. Para min é a relaxación semanal, chego alí as 9 da noite dos viernes e desconecto. Creo que se nota que o pasamos ben facendo o programa, e eso é algo moi bo, porque se te divirtes facendo algo probablemente salga ben.E bueno, mellorar… en moitas cousas. Deberiamos facer unhas cuñas do noso programa de unha vez, que levamos moito tempo e non temos ningunha feita. Tamén creo que deberíamos xuntarnos os actuais membros e facer un refrescado do programa, para crear novas sección e aportar ideas, tanto para cuñas como para música.
- MA: Opino o mesmo ca Lo. Pasámolo ben e desestresámonos (a non ser que estea a mesa toda patas arriba…), é unha boa maneira de comezar o finde.Non sei ata que punto se transmite o como pasamos, pero se non dá esa sensación, entón temos que mellorar iso.Mellorar?? Tantas cousas….
- ED: Contádenos que programas da emisora escoitades máis habitualmente.
- LO: Habitualmente eu escoito “El Desinformativo”, Chanfaina Bizarra, Malo Será, Zona Gaia, Alegría, BSO… esoito moitos máis en canto podo, pero estes suelo escoitalos, e bueno, que se me olvidaba, escoito “Complejo Lambda” cando volvo da radio co coche.
- MA: Teño intención de escoitar polo menos unha vez, todos os programas da parrilla, pero por agora só puxen no itunes a Chanfaina Bizarra, Desinformativo, BSO, ¿Y si no de qué?, Alegría e Crossover. ¡En breves engadirei máis!
- ED: Por último, dádenos razóns polas que, tódolos venres, de 21 a 22 horas, temos que escoitar Fala Calado no 103.4 ou por www.cuacfm.org
- LO: Pois tendes que oír Fala Calado os venres as 21.00 porque a esas horas estarás facendo algo de cear, e non se pode frixir un ovo mentres ves o Telediario. E se non estas facendo de cear estarás poñendote guap@ para sair de festa esa noite, e claro, todos sabemos que se escoitas os 40 principales podeche salir unha canción chunga e por culpa do susto faste un borrón no ollo co rimmel e tes que empezar de novo, así que mellor escoitar Fala Calado, porque facemos que non se che pegue a comida e tamén conseguimos que vaias cos ollos perfectamente pintados 😛
- MA: Pois… joe Lo… tiña que contestar eu antes que me roubas todas as ideas… Ademáis de todo o dito, sabemos se nos escoita a xente ou non, e coñecemos unha xente que coñece a outra xente que poden parecer que parezca un accidente 😉
Archivo de la etiqueta: El Complejo Lambda
“Esto es… ¡El Complejo Lambda!”
Uno de los mejores programas sobre videojuegos a nivel estatal se hace en Cuac FM: El Complejo Lambda. Aquí os dejo uno de sus vídeos promocionales:
Remember: Especial El Señor de los Anillos en Cuac FM
Ademáis do de Star Wars, o outro gran especial no que participei a tempada pasada foi de El Señor de los Anillos. En principio íamos participar únicamente PDF (Adri, Javi e máis eu) e BSO (Dani). Pero, tendo en conta que Adri era o técnico de El Vibrador e Javi un clásico de Do the Evolution; que se apuntaron ao carro Mariano e Bea (Alegría) e Diego de la Vega e Iverson (¿Y si no de qué?); que os compañeiros de El Complejo Lambda fixeron unha breve (pero interesante) aportación sobre os videoxogos da saga), e que no noso concurso participaron Cris (Zona Gaia) e Isra (Malo Será); total, que ao final houbo presencia de 9 programas, como 9 foron os compañeiros que partiron de Rivendel.
Además del de Star Wars, el otro gran especial en el que participé la temporada pasada fue de El Señor de los Anillos. En principio íbamos a participar únicamente PDF (Adri, Javi y yo) y BSO (Dani). Pero, teniendo en cuenta que Adri era el técnico de El Vibrador y Javi un clásico de Do the Evolution; que se apuntaron al carro Mariano y Bea (Alegría) y Diego de la Vega e Iverson (¿Y si no de qué?); que los compañeros de El Complejo Lambda hicieron una breve (pero interesante aportación sobre los videojuegos de la saga), y que en nuestro concurso participaron Cris (Zona Gaia) e Isra (Malo Será); total, que al final hubo presencia de 9 programas, como 9 fueron los compañeros que partieron de Rivendel.
Na primeira parte do programa tratamos a música composta sobre a obra de Tolkien (grazas á colaboración do jran Paco Fox, coautor do blog Vicisitud y Sordidez); comentamos a propia obra, e algunhas das primeiras adaptacións. Na 2ª parte, na que grabamos 5 vídeos (adxúntovos o primeiro), tratamos as películas de Peter Jackson, amenizando coa música de Howard Shore. Podedes escoitar todo o programa dende AQUÍ.
En la primera parte del programa tratamos la música compuesta sobre la obra de Tolkien (gracias a la colaboración del jran Paco Fox, coautor del blog Vicisitud y Sordidez); comentamos la propia obra, y algunas de las primeras adaptaciones. En la 2ª parte, en la que grabamos 5 vídeos (os adjunto el primero), tratamos las películas de Peter Jackson, amenizando con la música de Howard Shore. Podéis escuchar todo el programa desde AQUÍ.