Monográfico Memoria Histórica

O pasado sábado 4 de xuño de 2011 CUAC FM realizou este programa especial conducido por Roberto Catoira e Manuel Castiñeira, coa axuda de Mariano Fernández no control técnico e doutros integrantes dos Equipos de Redacción e de Tecnoloxía da emisora, coincidindo co 75 aniversario dos comezos da Guerra Civil en España.

Este espazo estivo dividido en dúas partes. Na primeira hora realizáronse unhas entrevistas a familiares de represaliados ou perseguidos na época da Guerra Civil. No estudio 1 da Radio Comunitaria da Coruña estiveron Pedro Galán (descendente de Pedro Galán Calvete) e Valentín García Bóveda. Tamén foi posible conversar telefonicamente con Mariquiña Villaverde (filla de José Villaverde) e con Xosé Luís Bóveda. Acompañounos durante todo o tempo de emisión Rubén Afonso, membro da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña.

Na segunda parte, e máis centrados noutros aspectos da memoria histórica, Rubén Afonso, o historiador Emilio Grandío e o realizador e fotógrafo Xosé Abad mostraron varias ideas e opinións diante dos nosos micrófonos. O programa completouse cuns audios gravados en CUAC FM acerca da vida, paixón e morte de Alexandre Bóveda, para rematar cunha cita de Castelao.

Ir a descargar

Cuac FM reemitirá o Monográfico do Día Internacional da Muller

O domingo 14 de marzo, dende as 17 horas ata as 21 aproximadamente emitiremos de xeito íntegro o Especial sobre o día da Muller que se emitiu en directo o pasado martes 9 de marzo. Tamén podes descargalo e escoitalo con calma cando o desexes nestes link (Parte 1, Parte 2).

Por outra parte, ya está subido a Youtube parte do especial, en concreto, o “Debate a hostias” entre Mambrú Duro (Sr. Garou), fundador do Club Masculino ‘Coruñeses de Toda la Vida’; Concha Guerra (Carmela Garrido), Presidenta da Asociación ‘Mellor Soas que Mal Acompañadas’; Ramón Templado (Diego de la Vega), creador do grupo de Facebook ‘Yo soy gallego en sentido peyorativo, o no’; y Josefina Bueno (Victoria Louro), autora da web www.mulleresehomescamiñandoenigualdadecaraaunfuturoventuroso.org.

O vídeo subíuse á web de noticias meneame.net. Agradécense moito os votos, xa que, como sabedes, se chega a portada, o vídeo terá moita repercusión.