O noveno Ar de Coruña achegouse ó histórico barrio de Labañou. A emisión foi conducida por Mariano Fernández e Mónica Alonso. Manuel Castiñeira ocupouse do control técnico coa colaboración de Ángela Triana. Este programa, realizado polo Equipo de Redacción de CUAC FM, incluíu os seguintes contidos:
- A habitual radiografía do barrio.
- Entrevista cos convidados Enrique Fernández Maceiras (presidente da Asociación de Veciños de Labañou), Chefa Pérez (presidenta de ASCODI – Asociación Comunitaria do Distrito Quinto), Rosalindo Villoria (voceiro e fundador de ASCODI) e Carlos Martín (presidente da Asociación de Veciños de San Pedro de Visma).
- O usual mosaico sonoro realizado por Antón Dubra a partir das voces da veciñanza recollidas por Ozzy de Castro e Jorge Catoira.
- Marta Chil visitou a Libraría de Barrio, optando por desprazarse á Praza do Conservatorio 8 para darnos a coñecer a libraría Ciudad Escolar.
Na segunda hora puidemos escoitar o que segue:
- A Axenda Infantil na voz dos conductores e de Jorge Catoira.
- A sección de Cultura recibíu ó grupo madrileño Havalina, de concerto na cidade o día de emisión do programa, e que interpretaron dous temas en vivo e en directo desde o Estudio Alexandre Bóveda.
- Na parte de Sociedade os nosos conductores falaron con Jorge Sampedro, educador social e vinculado ó Albergue de Transeúntes da Institución Benéfico-Social Padre Rubinos, unha das asociacións máis destacadas do barrio de Labañou.
- A firma deste día levou o nome de Intermón Oxfam e a voz de Mayka Beltrán, que falou acerca da carta que varios economistas enviaron ós Ministros de Economía do G20 en relación co respaldo a unha taxa ás transaccións financeiras.
- Rematamos con Actualidade, dando lectura ó comunicado emitido poucos días atrás polo Centro Social Ocupado Casa das Atochas ante o forzado desaloxo realizado.