O Equipo de Redacción de Ar de Coruña quere expresar as súas desculpas por non poder dispoñer da gravación do programa emitido o sábado 12 de marzo de 2011, debido a un inesperado problema técnico.
Os arquivos de audio xa gravados con anterioridade á emisión deste cuarto capítulo si figuran na presente entrada, e, por tanto, poden ser escoitados e descargados desde esta páxina, como de costume.
Programa conducido por Mariano Fernández e Manuel Castiñeira. O control técnico foi manexado por Fernando Losada.
Os contidos desta entrega foron os seguintes:
- Radiografía do barrio por Bea Ulalume.
- Mosaico sonoro recollido por Ozzy de Castro e Manuel Castiñeira, e producido e locutado por Fernando Losada.
- Entrevista con dous representantes da Asociación de Veciños do Barrio das Flores.
- Librería de barrio por Marta Chil: Area.
- Entrevista á Fundación Érguete-Integración.
- Firma de ACSUR a cargo de Marta Casal.
- Charla con Silvia Penide, presentando o seu máis recente traballo discográfico.
- Axenda Infantil cos conductores e con Bea Ulalume. Cirkus Klezmer.
- Entrevista con tres integrantes do proxecto Arte e Parte. Rebeca Ponte.
- Visita á obra da Ágora con Tomi Legido.
- Entrevista a Vera Pidal Pardo de Cafés Feministas.