Rematou a Asemblea e Cuac FM prosegue o seu camiño para medrar: temos novo Regulamento de Réxime Interior (galego, castellano), nova Financiación (para adaptarmos á Lei Xeral da Comunicación Audiovisual), novas coordinadoras e nova Xunta Directiva. De esquerda a dereita: Israel Domínguez (Vocal); Ozzy de Castro (Vicepresidente); Bibiana Caamaño (Presidenta); Cristina Carracedo (Secretaria); Bea Ulalume (Vocal); Fernando Losada (Vocal); e Lo Soto (Tesoureira). O que se ríe ao fondo é Mr. Borji.
Archivo de la etiqueta: Asemblea
Asemblea Xeral Extraordinaria de Cuac FM, 29 – 5 – 2010, 11:00 a.m.
Como xa anunciamos hai pouco, o 29 de maio, ás 11:00 a.m., no C.U.R., está convocada unha Asemblea Xeral Extraordinaria na que se discutirán asuntos moi importantes para o futuro da emisora. Para comezar, ademáis dos pertinentes informes das coordinadoras, a asociación cultural Colectivo de Universitarios ACtivos convoca eleccións á súa Xunta Directiva, como sucede no mes de maio cada 2 anos. Recordamos que, ata este venres ás 23:59, está aberto o prazo de candidaturas para dirixir Cuac, e que cada candidatura deberá ter os nomes de 7 socios (Presidencia, Vicepresidencia, Secretaría, Tesorería e 3 Vocalías).
Ademáis, hai que falar de Financiación: a recentemente aprobada Lei 7/2010 do 31 de marzo, Xeral da Comunicación Audiovisual prohíbe facer calquera tipo de comunicación audiovisual comercial. É dicir: non se poden nomear aos patrocinadores en antena. Como xa comentamos no seu día, a Lei ten algúns puntos positivos, pero o do patrocinio é claramente o que máis nos perxudica, aínda que non é o único punto negativo da Lei, popularmente coñecida como “Lei UTECA”. É obvio que un dos puntos máis importantes a discutir na Asemblea é o da Financiación.
Finalmente, proponse a aprobación dun novo Regulamento de Réxime Interior que, como veredes, ten moitas modificacións importantes, empezando polo primeiro punto (no que Cuac FM se describe como unha emisora de radio comunitaria). É moi necesario que os socios lean a proposta, a comparen co Regulamento actual, e propoñan na Asemblea modificacións adicionáis (para o seu debate).
Documentos: