Asemblea Xeral Extraordinaria de Cuac FM, 29 – 5 – 2010, 11:00 a.m.

Como xa anunciamos hai pouco, o 29 de maio, ás 11:00 a.m., no C.U.R., está convocada unha Asemblea Xeral Extraordinaria na que se discutirán asuntos moi importantes para o futuro da emisora. Para comezar, ademáis dos pertinentes informes das coordinadoras, a asociación cultural Colectivo de Universitarios ACtivos convoca eleccións á súa Xunta Directiva, como sucede no mes de maio cada 2 anos. Recordamos que, ata este venres ás 23:59, está aberto o prazo de candidaturas para dirixir Cuac, e que cada candidatura deberá ter os nomes de 7 socios (Presidencia, Vicepresidencia, Secretaría, Tesorería e 3 Vocalías).

Ademáis, hai que falar de Financiación: a recentemente aprobada Lei 7/2010 do 31 de marzo, Xeral da Comunicación Audiovisual prohíbe facer calquera tipo de comunicación audiovisual comercial. É dicir: non se poden nomear aos patrocinadores en antena. Como xa comentamos no seu día, a Lei ten algúns puntos positivos, pero o do patrocinio é claramente o que máis nos perxudica, aínda que non é o único punto negativo da Lei, popularmente coñecida como “Lei UTECA”. É obvio que un dos puntos máis importantes a discutir na Asemblea é o da Financiación.

Finalmente, proponse a aprobación dun novo Regulamento de Réxime Interior que, como veredes, ten moitas modificacións importantes, empezando polo primeiro punto (no que Cuac FM se describe como unha emisora de radio comunitaria). É moi necesario que os socios lean a proposta, a comparen co Regulamento actual, e propoñan na Asemblea modificacións adicionáis (para o seu debate).

Documentos:

3 pensamientos en “Asemblea Xeral Extraordinaria de Cuac FM, 29 – 5 – 2010, 11:00 a.m.

  1. Xa hai algunhas corereccións. As gramaticais e ortográficas as obvio, pero hay algunhas de concordancia.

    Art.18. Suprímese a palabra “cinco”.
    Art.14. A coordinadora pasa a chamarse de “relacións cas persoas asociadas”
    Art.19.b. Queda ca seguinte redacción: “Contidos para internet (web, redes sociales…) e comunicación.”
    Art.28.h. Queda: “Abonar as cotas que anualmente determine o Plan Financeiro en tempo e forma.”

Los comentarios están cerrados.