Convocatoria de eleccións á Xunta Directiva de CUAC para o período 2010-2012.
- Ábrese o prazo de presentación de candidaturas, que rematará o 15 de maio de 2010 ás 23:59 horas.
- As candidaturas deberán incluir os nomes das persoas e o cargo ó que se presentan. Non serán válidas por tanto, candidaturas de menos de sete persoas.
- Os 7 cargos a representar son: Presidente / a, Vicepresidente /a, Secretario /a, Tesorero / a e 3 Vocales.
- As candidaturas poderán ser notificadas persoalmente ou por calquera medio escrito á Secretaria da Asociación (Maria José Soto, de Falacalado), que expedirá certificación da presentación de cada candidatura.
- O 15 de maio entenderase finalizado o mandato da directiva actual, que operará en funcións ata o día 15.
- Do 15 o 29 de maio as candidaturas poderán solicitar o voto ás persoas asociadas a CUAC.
- As eleccións terán lugar na Asemblea Xeral Extraordinaria que se celebrará el 29 de maio, e que será convocada nos vindeiros días.
Na Coruña, a 19 de abril de 2010