Facultade de Socioloxía da UDC. Wikimedia Commons. Drow_male cc-by-sa 3.0
O 17 de novembro, estamos que o tiramos: así decía a cuña que, en galego e en castelán, estivo soando en Cuac FM as derradeiras semanas. A cuña anunciaba a III Feira de Asociacións da UDC, na que Cuac FM vai participar durante o día de hoxe, xunto a AEGEE Coruña, AIESEC, AGEA, Comités, IESGA, GPUL e a Tuna.
Na Feira se sortearán unha serie de agasallos para os asistentes (de aí ven o de Estamos que o tiramos):
- 1 libro electrónico.
- 1 ordenador portátil.
- 10 cursos do Centro de Linguas.
- 10 Abonos Deporte.
- 10 Cursos da Área de Cultura.
- Lotes de Libros.
Ademáis das asociacións participantes, hai unha serie de asociacións e entidades convidadas: Arquitectos sen fronteiras, Enxeñaría sen Fronteiras, Intermón Oxfam, Planeamento Familiar e Precarios Galicia. Ademáis, participan diferentes entidades da UDC, coma o CUFIE, a Oficina de Cooperación e Voluntariado e a Oficina para a Igualdade de Xénero.
Máis información: