O 27 de agosto de 2010, Muse dará un concerto en Galicia. Desgraciadamente (para nós), non será na Coruña, senón no Monte do Gozo, en Santiago de Compostela. Pero os fans coruñeses deste famoso grupo están de noraboa: a radio comunitaria Cuac FM fletará un bus para asistir ao Concerto, como xa fixera con motivo da actuación de Patti Smith en Vigo.
Archivo por meses: julio 2010
Xa podes votar aos grupos restantes do Noroeste Pop Rock
Onte, Cuac FM xa adiantou a exclusiva no programa El Mantecón: das 99 bandas que se presentaron ao Concurso do Noroeste Pop Rock, o Xurado (no que participa Cuac FM), xa escolleu aos gañadores dos gañadores dos 2.500 € do premio (polo tanto, que tocarán os días 4 e 5 de agosto). Estes grupos son Cornelius 1960 e Carlos Childe Troupe.
Os outros dous grupos que tocarán xunto a Los Planetas e Loquillo (ademáis de gañar 2.000 € de nada) xa se poden votar (e escoitar) na web oficial do Festival.
Máis información:
- Salvemos o Noroeste Pop Rock (Web da Plataforma)
- Festival Noroeste Pop Rock (web oficial).
¡Participa no Noroeste Pop Rock! Podes gañar 2.500 €
Tralas insistencias da cidadanía, o Concello non vai incumplir a promesa de Javier Losada de que este ano haberá un Gran Noroeste; polo menos, haberá Noroeste Pop Rock. Os días 4 e 5 de agosto (mércores e xoves, respectivamente). De feito, convócase un Concurso polo que, as bandas ou solistas que queiran, poden optar a participar no Festival.
Un Xurado (no que vai participar Cuac FM) seleccionará aos 10 grupos (dos que polo menos a metade dos compoñentes deben estar empadroados en Galicia), e entre eles aos dous Primeiros Premios, que recibirán 2.500 €. Os outros 8 grupos serán sometidos a votación popular, e os dous Segundos Premios recibirán 2.000 €. Todos os premiados participarán no Festival Noroeste Pop Rock.
Por suposto, os participantes teñen que tocar música pop. Ou rock. Ou pop-rock. Non valen outros estilos.
Datas a ter en conta:
- 1 de xuño: a metade dos componentes dos grupos participantes deben estar empadroados en Galicia antes desta data.
- 15 de xullo de 2010 (ás 24:00 h): data límite para presentar as solicitudes de participación, na web ou nas oficinas do IMCE (Coliseum).
- 20 de xullo – 25 de xullo (ás 24:00 h): votación popular dos oito grupos finalistas na web do Festival.
- 4 (mércores) e 5 (xoves) de agosto: Festival Noroeste Pop Rock.
Máis información e bases: