El Detective: Nin puta idea é un programa de recente creación. ¿Cal foi a vosa primeira impresión ó chegar ó Estudio José Couso de Cuac FM?
Germán:Particularmente a min as cabinas técnicas soanme lugares familiares, xa que profesionalmente son técnico, e vocacional e semiprofesionalmente son músico e tanto as dos técnicos como os locais de ensaio/gravación soen ser moi parecidos tanto en dimensións como en materiais, olores, instrumental, etc.Este estudo en particular non foi un lugar descoñecido para nós, xa temos subido noutras ocasións, por diferentes motivos. Case que agora, inda que pareza pronto dicilo, xa é como estar na casa.
Xoán: A impresión que me causou o estudio, moi boa… e a sensación minha ao facer o primeiro programa (e o segundo,e o terceiro)penso que nervios e ilusión por comezar.
ED: Aínda que o título pode dar algunha pista, resumide brevemente de qué vai o voso programa.
G: Dende a humildade do “non saber”, queremos coñecer propostas novas, tomarlle o pulso a escena e a criatividade galegas. Gostaríanos falar de todo aquelo que, todavía, non temos nin puta idea, pero de non poder ser (se os ouvintes non participan unha semana) falar das cousas que nos gustan buscando a información do xeito máis simple e direito, o que faría calquera que non ten nin puta idea.
X: Coma recén nados, aínda estamos a dárlle forma a algunhas ideas pra futuras seccións, pero basicamente no programa vai soar música independente (ou non) Galega e internacional e imos falar de teatro e cine, tamén de corte non convencional, e tanto galego coma do mundo mundial.
ED: ¿Cales son as vosas virtudes e defectos, como programa?
G: As virtudes son dúas… pero non me lembro dos seus nomes, tiñan o pelo negro e saían con gafas de sol nun programa casposo de antena tres creo…Os defectos, para min son, que todo o que queremos contar queremos sempre incluilo nunha edición. Cando, aprendendo dos grandes mestres inda vivos, sempre podemos facer capítulos. A pega é que seguirlle a pista a un capitulo monográfico de semana en semana, parece un pouco complicado.Outro defecto e o perfeccionismo. Non ter nin idea, non implica facer as cousas de calquera xeito. A min gústame o acabado fino e non me conformo facilmente. Se hai que cambiar algo cada edición ate que quede ao gusto, pois cambiarase. Nada de conformarse.
X: Defectos, nengún. E virtudes tampouco… En serio, os defectos pois suponho que os propios de dous habitantes do planeta Nin Puta Idea que nunca fixeron radio. É un programa sen máis pretensións que pasalo ben e compartir cousas que nos parecen interesantes.
ED: ¿Que programas de Cuac FM escoitades máis frecuentemente?
G: Sorprendeume Juventud Moderna, pola variedade e o carisma do locutor. Pareceme interesante aprender sempre algo de temas que xa coñeces pero non lles prestaches suficiente atención.O meu favorito de todos xeitos é “El Desinformativo“. Gustanme tódolos participantes, penso que se complementan e que sempre sacan noticias moi interesantes potencialmente polémicas ate que os mesmos críticos do programa traen a colación asuntos que afondan no meollo destas. Logo conseguen que deas un novo punto de xiro acerca das novas informativas. Realmente esclarecedor.
ED: Finalmente, ¿como animaríades aos oíntes para que escoiten “Nin puta idea”, cada sábado, de 21 a 22 horas?
G: Xusto antes de sair a tomar unha copiña, ou mentres estás ceando… ou se xa estás quencendo motores na casa, dándolle duro na parque, na praia, no ordenador… da igual de onde sexas… si Australia ás 5 da mañá ou Chile ás 5 da tarde… tódolos Sábados, de 9 a 10 da noite, unha cita ineludible coa cultura independente na Cuac FM.E tamén dous ovos duros (mellor catro que se non deixamos un ovo mol cada un).