El Detective: Din as boas linguas que bebedes moito de Zapping. Explicádenos a vosa relación con este clásico cuáquero emitido en terras extrañas.
Isra: As boas e as malas (risas). É certo. Incluso diría que de non ser por Zapping non existiría Malo Será. Bebemos e lle debemos moito a Zapping. Con eles descubrimos unha maneira de facer radio como non escoitaramos nunca, un programa que nos facía estar pegados ó transistor as horas nas que emitían, e iso ten o seu mérito. Non o consigue todo o mundo, e aínda por enriba tivemos o pracer de contar con eles no Estudo como padriños. E que nos digan que bebemos de Zapping é toda unha honra, porque é dos mellores halagos que nos poden dicir.
ED: Explicádenos como sodes capaces de complementarvos, tendo personalidades tan variopintas.
I: Explicadnos cómo sois capaces de complementaros, teniendo personalidades tan variopintas. Creo que esa é unha das cualidades do programa. Non seguimos, por dicilo dalgunha maneira, unha “liña editorial”. Cada un ten o seu punto de vista e a expón como lle peta no momento que lle peta. Incluso tivemos algunha que outra discusión no aire por este mesmo motivo. Vamos, como a vida mesma. Penso que todos se poden sentir identificados con algún de nós nalgún momento do programa, porque temos opinións para dar e tomar. Pero en conxunto, creo que formamos un bo equipo.
ED: ¿Qué podedes mellorar de Malo Será? ¿Que defectos tendes? ¿E virtudes?
I: ¡Moitísimas cousas!, para comezar, o aspécto técnico, e para continuar, a locución, o respetar os turnos de palabra, o ser constantes nas seccións e sobretodo, o economizar o tempo. Vamos, que se nos nominades ó Oscuac ó Mellor Programa Caótico, entenderíamolo (OLLO, que non estamos pedindo ese Oscuac, que quede claro jeje).Sobretodo as virtudes que nos da a experiencia dos anos en Cuac FM, e que tódolos programas irán adquirindo co paso do tempo. Un exercizo de autocrítica é escoitar os primeiros programas e comparalos cos últimos. De certo que moitos se sorprenderían -para ben, por suposto-. Pero algunhas das virtudes que resaltaría de Malo Será serían a espontaneidade e a frescura: nin tódolos días temos as mesmas seccións, nin as mesmas seccións son iguais dun día para outro. Non sabes o que te podes atopar un luns ás 23 h. sintonizando Cuac FM.
ED: ¿Que programas cuáqueros escucoitades máis habitualmente?
I: Sempre procuramos escoitar a maior cantidade de programas posibel, pero por tempo e traballo/estudos non o temos fácil. De tódolos xeitos, sempre procuramos escoitar habitualmente Alegría, Desinformativo, Anatomía Deportiva, Zona Gaia, BSO, ¿Y si no de qué?, o que agora serán pequenos anacos de El Salchichón… e outros tantos que se me quedarán no tinteiro. Pero prometemos poñernos ó día cos podcast.
ED: Dádenos razones polas que, cada lunes ás 23:00, Malo Será (cuasi-anunciado na TV) debe ser escoitado.
I: (MODO psicoloxía inversa ON) Non escoitedes Malo Será. É vulgar, zafio, e absurdo. Vamos, que non ten chispa ningunha.
(MODO psicoloxía inversa OFF) Agora en serio, coas nosas carencias e virtudes, cremos que logramos facer un programa máis ou menos entretido, nunha hora máis que inmellorabel para despedir un día tan noxento como o luns, cun sorriso na cara.