A radio comunitaria da Coruña, Cuac FM, por fin ten Estudio de Gravación. A xestión da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda e a colaboración dos Comités, permitiron este salto de calidade que dará, dende hoxe, Cuac FM.
Tomás Legido exerceu de mestre de cerimonias, dando paso aos asistentes para que desen un breve discurso; entre eles estaban Roberto Catoira, Presidente da A.C. Alexandre Bóveda; Margarida Vázquez (Concelleira de Igualdade e Participación Cidadá); María Xosé Bravo (Concelleira de Cultura), que colabora cada semana coa emisora no programa Alegría; varios ilustres representantes da Asociación Histórico Cultural Gran Armada; e de moitas das persoas que forman parte desta emisora comunitaria, entre elas o arquitecto, Ildefonso García de Longoria, quen recordou a dureza da construcción da Caixa Máxica, a parte máis importante do Estudio.
Tras os discursos de rigor, procedeuse a descubrir unha placa conmemorativa (ver foto superior).
Xusto despóis, varios compoñentes da Asociación Cultural Donaire (xunto co gran Álex Fente), tocaron no propio Estudio a modo de inauguración, e posteriormente montaron un concerto improvisado nas instalacións nas dende as que emite Cuac FM. Tanto o descubrimento da placa como a peza musical foron emitidas en directo polo dial 103.4 e por Internet.
Tódalas imaxes deste post foron realizadas por Fernando Losada e están protexidas con licencia cc-by-sa.
A inauguración, noutros medios:
- Os 75 anos da morte de Alexandre Bóveda celebraranse con libros, mostras e teatro (El Ideal Gallego, 27-1-2011)
- La segunda vida de Cuac FM (La Opinión de A Coruña, 29-1-2011)
Pingback: Tweets that mention CUAC FM 103.4: Queda inaugurado o “Estudio de Gravación Alexandre Bóveda” -- Topsy.com
Enhorabuena a todos, sois unos campeones!!
Pingback: CUAC FM 103.4: Reportaxe oficial da inauguración do Estudio Alexandre Bóveda