Arranca a 15ª tempada en CUAC FM

Esta é a nota de prensa que emitimos onte… ¡porque en CUAC FM arranca a 15ª tempada nas ondas!

A emisora comunitaria da Coruña, CUAC FM 103.4, comeza mañá venres a sua nova programación con 46 horas de producción propia en directo. Os estudios de CUAC FM están situados no Campus da Zapateira e dende alí dan a oportunidade de emitir a tódalas persoas e colectivos de calquera idade o seu propio programa. Emítense 40 proxectos diferentes, debutando neles Bang Bang!, Afrika Paprika e Simulación Sonora. Está previsto que vindeiras semáns cheguen novos novos proxectos. Ademáis, emítense programas doutras radios libres e comunitarias, como El Corazón de las Tinieblas (Ràdio PICA, Barcelona), Plástico Elástico (Radio Pái, Santiago), Luna Llena (Artegalia Radio, Alicante) e La Parada de los Monstruos (Radio Ritmo, Getafe).

Novedades
As principais novidades para esta tempada, a 15ª nas ondas, son que xa emiten programas en directo os domingos e que permiten incorporarse a colaborar coa emisora a persoas que sen ter un proxecto de programa, desexen axudar dentro dos contidos comunitarios desta radio sen ánimo de lucro e na que non se emite publicidade de ningún tipo.

CUAC FM pode escoitarse na Coruña e os seus arredores a través do 103.4 do dial e tamén por internet en www.cuacfm.org. Nesta web podese atopar toda a información necesaria para formar parte da asociación cultural que xestiona a emisora.

Un pensamiento en “Arranca a 15ª tempada en CUAC FM

  1. Pingback: Tweets that mention Arranca la 15ª temporada en CUAC FM | CUAC FM 103.4 -- Topsy.com

Los comentarios están cerrados.