8 de marzo, Día Internacional da Muller. 9 de marzo, especial en Cuac FM

Hoxe, 8 de marzo, é o Día Internacional da Muller. Cuac FM está preparando un programa colaborativo de 3 horas que se emitirá mañá, 9 de marzo, de 16:00 a 19:00 h, no 103.4 FM para A Coruña, e nesta web para todo o mundo. É un esforzo colaborativo entre varios dos socios da emisora que, como radio comunitaria, ten a obriga de comunicar á sociedade a situación dos colectivos desfavorecidos, como en moitos ámbitos sucede coas mulleres. O programa faráse un día despois porque así poderá contarse cómo se desenrrolou a xornada.

Onte, o blogueiro e humorista José A. Pérez escribiu no seu blog Mi Mesa Cojea o seguinte: “a muller ten as mesmas oportunidades que o home en todos os ámbitos salvo no laboral e no económico. Non obstante, estase avanzando moito neste campo. Agora, por exemplo, é difícil que un empresario despida a unha muller por estar embarazada; hoxe a despide porque cometeu un grave erro xusto o mesmo día en que comunicou que estaba embarazada.”

Triste, pero certo. Ás veces, algúns avances quedan na superficie e non no fondo do problema; e así non vamos a ningures…

Como adianto do especial, déixovos unhas fotos que tomou Ignacio Carballeira nun dos actos que foi cubrir Cuac FM: o Centenario do Día da Muller, na praza das Conchiñas:

IMG_3141IMG_3145IMG_3146IMG_3151IMG_3155IMG_3160IMG_3167IMG_3171

Especiais noutros medios comunitarios: