Mentres un servidor andaba despistado por terras madrileñas, sucedeu algo terrible para a nosa cidade. A Torre de Hércules, o Faro Romano máis antigo do Mundo en funcionamento, desapareceu. Un dos principáis reclamos turísticos desta nosa cidade, que a fai coñecida no mundo enteiro, un faro de importancia mundial, todo un Patrimonio da Humanidade, desapareceu do seu sitio a causa, segundo din, dun presunto ilusionista que se fai chamar Bodegas Copperfield, un home que, cando aínda o coñecían como Roberto Bodegas, pasou algunha vez pola emisora…
Por iso creouse o proxecto O Vagalume da Torre, que, segundo a súa web, o programa “O Vagalume da Torre” desenvólvese no marco da Escola-Obradorio Contorna Torre de Hércules e é un proxecto orixinal de dinamización turística desenvolvido polaConcellaría de Promoción Económica, Emprego e Turismo do Concella da Coruña, o artista Raúl Velloso e Atendo Formación e Investigación SL.
Un proxecto no que participan varias asociacións da cidade, como Cuac FM. De feito, varios colaboradores de O Vagalume da Torre visitaron programas da nosa emisora para concienciarnos do asunto. Podedes escoitar a súa aportación en ¿Y si no de qué?.
Tambien participaron expertos en dicho tema en “El desinformativo”