Cuac FM

Cuota individual para socias e socios

1 - ¿Quen debe pagar a cuota individual?

Conforme o aprobado previamente, pode ser socia/o de CUAC calquera persoa que o desexe. Deben asociarse de forma obligatoria aquelas persoas que usan con regularidade as instalacións da emisora. De cara a clarificar o termo "con regularidade" estableceuse que se entende que atañe a tódalas persoas que realizan a metade dos programas dun trimestre na emisora, sexa cal sexa a sua participación no mesmo, incluso se fan labores de producción, sen intervir na locución nin na parte técnica.
Resumindo: se disfrutas das instalacións e mateirais de CUAC coa frecuencia sinalada no parágrafo anterior, debes darte de alta e pagar á cuota estipulada.

IMPORTANTE: Cando un programa en emisión incorpora novas persoas ao seu equipo, as e os socios en activo deben avisar aos novos desa obriga e informarlle das cuestións básicas de funcionamento de CUAC, así como indicarlle como darse de alta e deben asistir a unha xornada de formación. Deben tamén enviar un email a rpa@cuacfm.org para comunicar altas de novas persoas asociadas. Deben facilitar nese correo á sua dirección de mail, deste xeito poderán ser convocadas a seguinte formación que se organice.

Quedan exentos desta cuota as persoas que realizan programas que son unha actividade doutra entidade sen ánimo de lucro da que forman parte xa que se entende que xa pagan a súa cuota nesa entidade para ter dereito a actividade que realiza a sua asociación en CUAC FM. (Exemplo. As persoas que fan o programa da A. Cultural Alexandre Bóveda, Recendo, non teñen a obriga de pagar a cuota individual de CUAC xa que pagan á da sua asociación.) Evidentemente, se queren ser soci@s de CUAC e pagar a sua cuota poden facelo.



2 - Importe das cuotas

A cuota é de 2€ ao mes para as persoas que traballan. Está bonificado nun 50% se se paga dentro do plazo establecido para as persoas que están no paro, son estudantes ou están xubiladas (por tanto 1€ ao mes). O prazo para realizar o pago é ata o 30 de abril.

O ingreso podes facelo na conta de PayPal (promocioncuacfm@gmail.com) ou na conta bancaria de NovaGalicia Banco: 2080 1003 25 3040003897. O titular é Colectivo de Universitarios Activos. No concepto debes poñer: Cuota anual + o teu nome.

Ainda que a cuota é mensual realizarase un único pago anual, as persoas que se incorporan á asociación co ano xa comezado deben ingresar a cantidade resultante de multiplicar (2€, ou 1€) polos meses que queden ata rematar o ano en curso.

As persoas que pola situación económica precisen un pago en dous prazos, poden solicitalo enviando un mail a promocion@cuacfm.org. Poden facelo tanto os que pagan a cuota normal como á reducida. O segundo prazo deberá pagarse entre o 15 de agosto e o 15 de outubro.

IMPORTANTE: Pagar fora de plazo xenera un recargo de 1€ cada 30 días de retraso. E lembramos que non pagar dentro do prazo supón perder a bonificación do 50% para estudantes, parados e xublilados na sua cuota.



3 - Bonificación nas cuotas individuais

Calquera persoa pode ver reducido o importe da sua cuota individual se consegue que alguen que coñeza se faga SIMPATIZANTE de CUAC. Se consegue un simpatizante se lle descontan 6€, polo segundo 3€ e polo terceiro outros 3€. A partir do terceiro xa non hai máis bonificación.

En caso de conseguirse os simpatizantes despois de ter aboada a sua cuota individual devolverase a cantidade en efectivo.

¿Qué supón ser simpatizante e que cuota ten?

Ser simpatizante de CUAC da dereito a descontos no merchandising da emisora e nas actividades que a mesma organiza. Ademáis, se así o desexa, pode recibir a información que se lle envía as persoas asociadas. Reciben un carné de simpatizante de CUAC.

A cuota é de 6€ ao ano. Neste caso, ao entenderse que é un xeito de colaboración coa emisora o importe é independente do momento do ano natural no que se faga. A cuota aboada xenera dereitos ata o 31 de decembro do ano en curso. Para darse de alta como simpatizante hai que seguir o mesmo sistema de formulario na páxina web do apartado Únete para ser socio/a.

DirectoProgramaciónÚnete – Smartphone (Android, Apple, Nokia N9) – Isto é galego
Cómo chegarQué é CuacEspeciaisHistoriaZona Socios - Mecenas - Doazóns - Licenza FM