Cuac FM

Únete a Cuac FM




Unirse a Cuac é moi doado. Antes de todo, que queres facer? Porque en Cuac podes ser e facer cousas diferentes:

> Simpatizante: é a opción se non queres participar activamente da asociación. Pagarías una pequena cota anual (6€) e recibirás un carnet que che dará dereito a descontos no merchandising e nas actividades paralelas da emisora. Para iso simplemente cubre esta ficha, fai o ingreso pertinente e xa está.

> Mecenas dun programa: se eres unha empresa ou organización e queres axudar a un programa. Tes a información e as vantaxes aquí.

> Mecenas da asociación: se queres axudar a Cuac dun xeito xeral. A información podes atopala aquí.

>Socio/a: Tes a información das cotas aquí e podes darte de alta aquí. É a opción para facer o teu programa de radio. Como? Keep reading.



FACER O TEU PROGRAMA DE RADIO

Primeiro. Mira a nosa grella de programación, para ver que horas libres hai. Se tes algunha dúbida ou non atopas a hora que buscas, non te preocupes, manda un correo a comunicacion@cuacfm.org ou chama por teléfono en horario de oficina ó 981 14 00 45 e recibirás a información que precises. Unha vez saibas que hora queres, e teñas pensado o programa que queres facer, ponte en contacto connosco polo correo electrónico ou no teléfono de antes, ou na nosa páxina de Facebook.

Horas libres

Segundo. Quedaremos un día na emisora para ensinarche os estudios, explicarche como funciona todo e solventar as dúbidas que poidas ter sobre o funcionamento de Cuac. Se non fixeches radio antes (como todos nós), non hai problema: a formación corre pola nosa conta. Ensinámosche o que precises saber para que esteas en disposición de facer o teu programa.

E tercero. Podes cubrir a ficha cos teus datos e facer o pagamento da cota que che corresponda (completa ou reducida). Os programas de Cuac teñen que satisfacer unha cota mensual de 25 € mensuais a maiores da cota anual das persoas que participan neles, esa cota de emisión da dereito a emitir unha hora semanal durante todo o mes. Se tes mecenas podes non pagar nada (como?).

E xa está. Benvid@ a túa casa.

Se desexas saber máis podes ver os nosos estatutos, regulamento de réxime interior, e protocolos de traballo, dos que te informaremos cando subas.

 

Alta socio - Pagar cuota

DirectoProgramaciónÚnete – Smartphone (Android, Apple, Nokia N9) – Isto é galego
Cómo chegarQué é CuacEspeciaisHistoriaZona Socios - Mecenas - Doazóns - Licenza FM