Cuac FM

Información útil para persoas asociadas a CUAC

Neste apartado debes encontrar solucións a todas as dúbidas que poidas ter dentro da asociación.

Se queres resolver unha dúbida puntual, seguramente atopes a solución nas nosas FAQ. Se o que desexas é saber máis sobre as diversas coordinadoras, a organización interna e a historia de CUAC, segue lendo.

Ademais, esta é a documentación en vigor actualmente:

Breve introdución a CUAC

CUAC significa Colectivo de Universitarios ACtivos. É unha asociación cultural e tamén unha asociación da Universidade da Coruña. Fundouse en xuño de 1995 e a emisora Cuac FM inaugurouse con 26 programas na grella o 27 de marzo de 1996. Xa pasaron pola emisora máis de 430 programas e miles de persoas.

Máis info: http://es.wikipedia.org/wiki/Cuac_FM

Organización Interna

A asociación ten unha Xunta Directiva que se elixe cada dous anos, tal como fixa a Lei de Asociacións.

A estrutura de xestión interna baséase en 5 coordinadoras que se encargan de que todo funcione. En todas elas podes achegar tempo e coñecementos sempre que o desexes. O nivel de implicación márcalo ti. Iso si, se te comprometes a facer algo confiamos en que poidas asumilo. A colaboración de moitas persoas permítenos mellorar como colectivo.

Os órganos de decisión son:

  1. As asembleas. Teñen a obriga de asistir todas as persoas asociadas. Celebramos un mínimo de 3 ao ano: xaneiro, xuño e setembro. Se se considera que hai algunha decisión importante e urxente, celébrase unha extraordinaria no momento oportuno. Intentamos que sexan amenas, participativas e construtivas. E ao rematar, os que o desexan van comer xuntos.

  2. O Consello de Coordinación. Forman parte del todas as persoas que están nas coordinadoras. Reúnese aproximadamente unha vez ao mes e trata os temas que cada coordinadora considera que debe compartir co resto para que toda a estrutura coñeza o que está a suceder e así haxa boa coordinación interna.

  3. As 5 coordinadoras. A continuación contámosche o que fai cada unha para que saibas a cal debes dirixirte cando o necesites. E por se te animas a sumarte!

Estas coordinadoras comunícanse internamente a través de Trello, correo electrónico e reunións presenciais.

Competencias das coordinadoras

Nota importante

Como podes imaxinar, en moitas ocasións, para que algo se leve cabo de forma correcta entran en xogo varias coordinadoras. Se queres formular algo complexo debes avisar con suficiente antelación. Non esquezas que todo o seu traballo é voluntario e debes adaptarte ao ritmo que poidan asumir.

Por exemplo: Unha actividade paralela. Informas a comunicacion@cuacfm.org. Pero seguramente deberá ser aprobada en ODA se estratexicamente implica algo que poida afectar á imaxe da emisora, e tamén se precisas achega económica. Ademais, se queres usar algún material, debe comunicarse a Tecnoloxía, que quererá saber cando se necesita exactamente por se Contidos necesita ese material para algo propio da emisora.

DirectoProgramaciónÚnete – Smartphone (Android, Apple, Nokia N9) – Isto é galego
Cómo chegarQué é CuacEspeciaisHistoriaZona Socios - Mecenas - Doazóns - Licenza FM