Cuac FM

Qué é Cuac




Cuac FM é unha radio comunitaria. Que non sabes qué é tal cousa? Non hai fallo, para iso estamos nós, para explicalo:

Unha radio comunitaria é unha emisora privada que ten unha finalidade social, orientada a satisfacer as necesidades de comunicación e a habilitar o exercicio do dereito á información e a liberdade de expresión das persoas integrantes de comunidades determinadas (sexan territoriais, etnolingüísticas ou de intereses) ante as que son responsables, que está aberta á participación o máis ampla posible respecto á propiedade do medio e o acceso á emisión, así coma ás diversas decisións de programación, administración, financiamento e avaliación, que non ten fins de lucro e que non realiza proselitismo relixioso nin partidista.

Se aínda así non entendiches moito, a versión curta é que Cuac é unha asociación que xestiona una emisora de radio, que cando ves facer un programa entras na asociación, e por tanto participas da súa propiedade, e podes participar tamén na xestión e na toma de decisións (o nivel de implicación o fixas tí, pero canto máis, mellor). Nela participan persoas físicas e xurídicas, e funciona dun xeito colectivo e o máis horizontal posible (isto é: non hai xefes, nos organizamos doutro xeito) a través da asemblea e as coordenadoras, que son grupos de traballo.

A nosa intención? Dar voz ós que non a teñen, falar do que poucos (ou ninguén) falan, e facer da nosa sociedade un sitio mellor onde desenvolvernos coma persoas.

O noso traballo? Voluntario.

A nosa paixón? A radio.

A nosa recompensa? A convivencia cas persoas que fan Cuac, a satisfacción de facer o que máis nos gusta, o eventual recoñecemento da audiencia … e as cañas de despóis do traballo, claro.

Apúntaste?

DirectoProgramaciónÚnete – Smartphone (Android, Apple, Nokia N9) – Isto é galego
Cómo chegarQué é CuacEspeciaisHistoriaZona Socios - Mecenas - Doazóns - Licenza FM