Imaxe extraída da web da Casa das Atochas.
Este xoves, no programa Alegría (xoves, 16:00), Tomi Desastre, Mariano Fernández e Bea Ulalume entrevistarán a varios dos responsables do Centro Social Okupado Casa das Atochas (Rúa de Atocha Alta, 14, na Coruña). Este centro funciona dende 2008 mediante a autoxestión e a horizontalidade nas súas decisións, que non se toman por votación senón por consenso. Segundo a súa web, a igualdade, o respecto, a reciclaxe, o espírito participativo, o consumo consciente, a autoxestión e o saber estar en xeral son as actitudes que coidamos se desenvolvan no Centro Social Okupado Casa das Atochas.
Este Centro Social recibiu unha orde de desaloxo que se fará efectiva o 9 de decembro, polo que ése será o motivo principal da entrevista. Podedes visitar tamén un grupo de Facebook sobre o desaloxo.