Novidades de abril: Malditos Bastardos chega a Cuac FM

Xa está actualizada a programación de Cuac FM. Entre as novidades, destacan:

  • A chegada dun novo e fresco programa chamado Malditos Bastardos, protagonizado, segundo rumores, por coñecidos cuáqueros que deixaron o seu programa hai pouco. Emítese á antiga hora de Malo Será. Comezan a vindeira semana.
  • Outro dos grandes cambios: se vos levantades ás 7 da mañá para ir ás clases ou ao traballo, nada mellor que facelo co bo humor de Malditos Bastardos, Chanfaina Bizarra, Periscópicos e ¿Y si no de qué?
  • ¿Y si no de qué? emitirá unha segunda hora en directo o martes ás 23:00 h, ademáis da hora do xoves na que levan emitindo dende principios da tempada.
  • O mesmo pasa con El sonido rabioso de la Juventud Moderna, que emitirá os martes de 18 a 19 (ademáis dos venres á súa habitual).
  • BSO cambia de día e hora, e a duplica: o mércores de 22 a 24. Isto provoca cambios en Discovery (que se emite unha hora antes, ás 21) e no programa experimental de Víctor Grande (La hora de Vic), que vai ao xoves ás 23.
  • En diversos momentos, emitiremos as maquetas que participan no XII Concurso de Maquetas de Cuac FM.
  • Algún cambio menor das redifusións de algún programa. Se tedes algunha dúbida, podedes consultar a nosa programación.
  • El humor desternillantemente absurdo de Chanfaina Bizarra llega a los jueves a partir de las 19 horas.
  • El veterano Tertulia de Bar deja Cuac FM.

3 pensamientos en “Novidades de abril: Malditos Bastardos chega a Cuac FM

Los comentarios están cerrados.