“Radio, a través dun pico”, por Tomi Desastre

Este artigo foi publicado por Tomi Desastre (Alegría) no Cuaczine nº1 en inverno de 2000. A cuota é un pouco máis de mil pesetas, xa NON estamos na Facultade de Económicas senón no Estudio José Couso, e para facer un programa tendes aquí máis información. A emisora cambiou moito dende entón, pero non deixa de ter a súa actualidade:

En 1995, tras meses de experiencia radiofónica en Radio Culleredo nun programa chamado A pé de Kampus, realizado polo Clube de Prensa da Universidade de A Coruña, un grupo dos xóvenes que levaban aquel programa adiante cada semán, decide que nesta xove Universidade debería existir un vehículo no que tódolos estudantes e colectivos tivesen a oportunidade de falar do que lles petase, dirixíndose a toda a cidade. O obxectivo estaba definido: crear unha emisora de radio.
Tras diversas consultas sobre asuntos legais, financieiros, técnicos… chégase a conclusión de que compré ter unha personalidade xurídica propia para poder acadar canto antes o anhelado tesouro. O día 15 de Xuño de 1995, constitúese o Colectivo de Universitarios Activos (CUAC), coma Asociación Xuvenil, por suposto sen ánimo de lucro. A partires dese día xa nada podería parar a un colectivo con ganas de Facer (sí, facer con maiúsculas) algo novo na Coruña. Tras moitos anos de dictadura neste país e moitos agardando para ter unha Universidade propia nesta cidade, cabe dotar á democracia e a un organismo difusor de Cultura de instrumentos que cheguen ao maior número de persoas coa menor manipulación por intereses posible.
O 8 de Marzal de 1996, instalase o dipolo radiante vertical (a antena) e o emisor nun despacho da Facultade Económicas e comeza o periodo de emisión en probas. (Os fundadores puxeron un disco, baixaron a un coche aparcado diante de Económicas e… ¡requeteCuac!, no 103.4 aparecía a canción que acababan de poñer.¡Glorioso, emocionante!… Faise tamén a instalación interior cun presuposto en obras de 2.000 pesetas. Non é un erro, as caixas de ovos que tentan insonorizar o estudio, custaron dous talegos; a man de obra foi gratis e as portas que separaban a peceira do control aportounas un dos fundadores.
O 27 de Marzal inaugurouse a programación contando coa presencia de Antonio Erias, Decano da Facultade de Económicas e Manuel Sarceda, Vicerrector de Estudantes. Este último foi, dende o seu vicerrectorado o principal “mecenas económico” do proxecto, apoiando e respaldando dun xeito admirable a iniciativa que meses antes parecía imposible acadar. Trala intervención dos dous persoeiros invitados, comezou un magazine especial no que os vinteseis programas cos que comezou a programación regular de CUAC FM, fixeron unha breve presentación do que serían os seus contidos.
Para conseguir que os universitarios se animasen a facer radio distribuíronse carteis e octavillas polas facultades e rápido chegaron os primeiros proxectos (ata vinteseis en menos dun mes), algún dos cales segue en antena hoxe en día (Fraguel Rock, Cecelandia, A Velas Vir). Tamén hai locutores que segúen en CUAC FM e levan aí dende o primeiro día, ainda que con proxectos radiofónicos diferentes. Isto da boa mostra do que engancha poñerse diante dun micro, porque hai un detalle que non se pode escapar, está totalmente prohibido cobrar ou obter algún tipo de lucro persoal ecónomico por calquera actividade que realice CUAC. E puntualizamos económico porque está claro que a formación, a experiencia e o facer amigos é un enorme lucro, ¡enorrrrrrme!.
Dende eses comezos duros e excitantes todo foi mellorando, medrando e desenrolándose coa sabiduría que só a experiencia pode ir dando. As parrillas fóronse enchendo con cada vez máis proxectos, mellores (non sempre) e máis variados en canto os seus contidos. Chegouse a un récord de 55 horas de emisión propia cada semán. cifra que na actualidade está a piques de rebasarse; de feito xa tería sido así de non ser por dous impedimentos claros: que a programación debe rematar as 10 da noite porque pecha a facultade de Económicas e por outra banda que moitos dos proxectos que esperan ter un oco na programación non poden emitir polas mañás por incompatibilidades cos horarios lectivos dos seus impulsores.
Pero non todo é radio no Colectivo de Universitarios Activos. O artigo número dous dos seus estatutos deixa claro que os seus obxectivos son: “A realización e promoción de todo tipo de actividades culturáis en relación cos medios de comunicación masiva na cidade da Coruña“. E, como podes ver nas tuas mans os obxectivos vanse cumprindo. Ademáis de ser a única asociación universitaria que desenrola unha actividade diaria de máis de dez horas, cun número de compoñentes que ronda os cento sesenta, téntase dende tódolos ámbitos posibles de difundir a CULTURA no seu senso máis amplo, tentando de darlle un aire de diversión, sen deixar de facelo con responsabilidade e seriedade (son cousas compatibles). Os programas musicáis son do máis variopinto e pódense escoitar cousas que ningúen noutra emisora tentaría emitir, ademáis de dar opción a grupos locais e de fora de Coruña de ser entrevistados e de tocar en directo. Programas de cine, de teatro, de contos e poemas, de debate, tertulias, magazines, divulgativos, reivindicativos…. de todo. E todo iso salpicado con múltiples actividades complementarias á programación. Organízase cada ano un concurso de maquetas, no que xa teñen gañado grupos de Sarria (Sugar Daddies), de Asturias (Gascona), e de Coruña (Inspector Clousseau), chegando a participar xente do País Vasco. Organízanse concertos (de Heavy, rock, pop), veladas de contacontos, acampadas, xuntanzas en albergues, ciclos de cine, programas en directo dende o salón de actos de Económicas, Happenings (a famosa “sillada Cuac“, sair de copas cada CUAC coa sua silla para promocionar a emisora), entregas de premios para os mellores da emisora, partidos de fútbol. Debe ser que o noso apelido de Activos non nos permite estar parados. Xa non dicimos nada do CUACZINE porque salta á vista.
ORGANIZACIÓN
A nivel organizativo a asociación rixese pola Asamblea de Socios, órgano que se reune polo menos duas veces ó ano e no que todolos socios teñen voz e voto para tomar decisións. Para asumilas e deserenrolar tódalas actividades e trámites, existe unha Xunta Directiva como marca a lei, renovable cada dous anos.
Ademáis, cada actividade está controlada por unha serie de coordinadores que desempeñan as diversas funcións. A emisora, polo volumen de traballo que xenera, conta con sete coordinadoras, formadas cada unha por dous ou tres membros e cunhas funcións definidas a cumplir. O Cuaczine tamén conta cun órgano propio de decisión que é o Consello de Redacción. A comunicación entre os diversos órganos tenta selo máis fluída posible, xa que un brazo sempre debe saber o que vai facelo outro. Ademáis os socios poden propor calquer tipo de actividade e, sempre que sexa viable, económica e técnicamente, a asociación facilítalle os medios ó seu alcance e dalle a responsabilidade de levar a cabo a actividade. Trátase de que tódalas iniciativas, por minoritarias que parezan teñan un oco dentro do Colectivo. Precisamente é iso o que enriquece a convivencia e a comunicación. Tras case tres anos cunha directiva formada principalmente por fundadores do colectivo, en maio de 1998 prodúxose un relevo no equipo xestor, algo fundamental sobre todo nas asociacións xuvenís e que se non se sabe realizar pode levar ó traste ao colectivo.
Neste tipo de asociacións téntase sempre que os relevos non sexan traumáticos e que se fagan de forma gradual. No caso de CUAC, quedaron tres membros da xunta directiva saínte dentro da nova, e ademáis de completarse o número de membros da directiva, chegaron un bo número de socios con gañas de traballar que completaron as diversas coordinadoras que xestionan na actualidade a
emisora.
Outro salto cualitativo prodúxose co alquiler dun local social, sito na rúa San Xoan, no que se instalou unha sá de reunións, un estudio de grabación (fundamental nestes momentos ainda que haxa socios que sigan sin ver a oportunidade desta inversión), un despacho no que se centralizan as xestións (envío de faxes…) e que, despois de moito tempo aforrando, por fin conta cun ordenador onde os socios teñen acceso a internet, ademáis de centralizarse nel tódolos ficheiros da Asociación.
FINANCIACIÓN
As axudas oficiais (subvencións) e a aportación dos patrocinadores dos diversos programas da emisora son os principais ingresos cos que conta o colectivo para adquirir os equipos necesarios e para financialas actividades que se levan a cabo. Inténtase que cada actividade se autofiancie, ainda que sempre hai algunhas que polo seu elevado custe se benefician dos fondos da asociación pese a que se saiba de antemán que vai ser algo deficitario. Nestes casos tense en conta a repercusión do acto e tamén a importancia que ten que alguén, neste caso CUAC, se preocupe para que unha determinada actividade vexa a luz pese a que ningún axente económico aposte por ela. Por último sinalar que unha fonte de ingresos pouco desenvolvida polo momento é o merchandising. (Hai cento cincuenta camisetas CUAC do último modelo por todo o mundo).
FUTURO
Achegándonos ao cuarto aniversario de CUAC FM e o quinto da asociación, podemos dicir que, pese aos múltiples problemas que se orixinan nun colectivo que medra e fluctúa con grande facilidade e no que os coordiandores e responsables fan o que poden (hai que ter de novo en conta que o seu traballo e totalmente voluntario, co cal o único que se lles pode esixir e que non deixen sen facer aquello o que se comprometeron e que o fagan o mellor que saiban), é unha autentica realidade que non deixa de medrar o número de ointes, de socios, (de lectores a partires de agora), de participantes nas múltiples actividades, e que lle pese a quen lle pese e por sorte para moitos, CUAC segue a ser un colectivo totalmente libre para expresarse en moitos ámbitos e que ademáis ten a gala facelo sen faltar ó respeto e tentando ser respetado por todos os que teñan algunha relación co Colectivo.
E para ti que acabas de ler todo isto e xa te estea a picar o gusaniño no cú para incorporararte o noso colectivo, debes saber que se queres facer un programa hai un impreso para que te informes e nos contes o teu proxecto na Facultade de Económicas, segunda planta.

Tamén temos un apartado de correos, o número 4334 da Coruña. E se non queres falar pola radio, pero si participar das nosas actividades, recibir información, obter descontos… temos a figura do socio sen programa, por só mil pelas o ano podes formar parte de CUAC.

¿Vaste animar?.

Un pensamiento en ““Radio, a través dun pico”, por Tomi Desastre

  1. Qué tempos aqueles. Non son nostáxico, a verdade. Aprendemos e milloramos moito dende aquela. Xa non somos unha radio universitaria senón unha radio comunitaria, xa non somos unha asociación xuvenil senón cultural… dando pasiños cara á universalidade.

Los comentarios están cerrados.