Cuac FM

Empresas e establecementos colaboradores con Cuac FM

A emisora comunitaria da Coruña CUAC FM ofrece a posibilidade de emitir a toda persoa que o desexe con total liberdade, pertece a unha asociación cultural sen ánimo de lucro e nestas datas atópase nun momento clave da sua historia, que comezou en 1996.

A Xunta de Galicia convocou no DOG do 30 de xullo un concurso de licenzas de FM. Saen 3 licenzas a concurso para A Coruña e CUAC FM vaise presentar ao mesmo.

Pero tamén vai a impugnar o concurso xa que considera que se vulneran nas suas bases os teus dereitos e os de calquera persoa que desexe emitir dende unha emisora sen ánimo de lucro en Galicia, ou recibir o sinal dunha emisora destas características.

Todo iso conleva un gran esforzo persoal por parte moitas das persoas que colaboramos coa emisora, pero tamén un desembolso económico.

Se tes un negocio de calquera tipo podes colaborar con CUAC con 4 tipos de aportacións:

Debemos dicir que a Lei Xeral de Comunicación Audiovisual non permite as emisoras comunitarias sen ánimo de lucro emitir “ningún tipo de comunicación comercial”. Algo co que non estamos dacordo pero que cumprimos dende que se promulgou esa lei.



FÓRMULAS DE COLABORACIÓN E PATROCINIO:

1º Colaborar con 30€. Aportación única. Recibirás a cambio un logotipo de establecemento colaborador para o teu local. Tamén poderás poñelo na túa páxina web (cun link á nosa se o desexas) e nós faremos o mesmo no apartado de Colaboradores da nosa web. Faremos un cartel de agradecemento e aparecerá o teu nome como colaborador (non logotipo).

2º Patrocinar con 60€. Aportación única. Recibirás todo o anterior e ademáis, farémosche unha entrevista informativa nalgún dos nosos programas (no que mellor encaixe) para falar do teu negocio só se eres un negocio a nivel local (non valen por exemplo franquicias de Vodafone, por citar algo). No cartel de agradecemento aparecerá o teu logotipo, pode incluir tamén web ou dirección.

3º Patrocinar con 90€. Todo o anterior e ademáis, recomendación mensualmente no noso facebook, no noso twitter das actividades ou productos que desexes promocionar. Ademáis, faremos un vinilo cun listado de patrocinadores que se exporá durante 12 meses como mínimo na fachada da nosa emisora, que está no campus da Zapateira.

4º Banner na web da emisora: Custe 10€ mensuais. Aparecerás durante o tempo que desexes na web cuacfm.org

 

Ponte en contacto con nós: promocion@cuacfm.org.