Cuac FM

Queremos unha licenza de FM para a cidadanía coruñesa


> Audio da rolda de prensa:
> Nova en Praza Pública, en Coruña en Directo, en La Opinión, en El Ideal Gallego, en El País y por axencia (ABC).



¿Cal é a situación?

A Xunta de Galicia convocou o 30 de xullo —vaia data—, o concurso de licenzas para a FM (bases completas en http://medios.xunta.es) co que vai repartir todas as frecuencias de FM que pode, excluíndo explícitamente que esas licenzas podan destiñarse a Servizos Comunitarios de Comunicación Audiovisual Radiofónica sen ánimo de lucro —Radios Comunitarias— (base primeira das bases do concurso, segundo parágrafo).

Consideramos que ista decisión é arbitraria, xa que non se xustifica na convocatoria. E ademáis segundo o noso criterio, conculca a legalidade vixente, imposibilitando o seu cumprimento actual, coma di a Ley General de Comunicación Audiovisual 7/2010:

CAPÍTULO I. LOS DERECHOS DEL PÚBLICO.
Artículo 4.
El derecho a recibir una comunicación audiovisual plural.
1. Todas las personas tienen el derecho a que la comunicación audiovisual se preste a través de una pluralidad de medios, tanto públicos, comerciales como comunitarios que reflejen el pluralismo ideológico, político y cultural de la sociedad. Además, todas las personas tienen el derecho a que la comunicación audiovisual se preste a través de una diversidad de fuentes y de contenidos y a la existencia de diferentes ámbitos de cobertura, acordes con la organización territorial del Estado. Esta prestación plural debe asegurar una comunicación audiovisual cuya programación incluya distintos géneros y atienda a los diversos intereses de la sociedad, especialmente cuando se realice a través de prestadores de titularidad pública.

Entendemos que ademáis, apraza de xeito indefinido o exercicio dun dereito fundamental: o dereito a comunicar:

Constitución Española:
Artículo 20. Se reconocen y protegen los derechos:
a) A expresar y difundir libremente los pensamientos, ideas y opiniones mediante la palabra, el escrito o cualquier otro medio de reproducción.
d) A comunicar o recibir libremente información veraz por cualquier medio de difusión. La Ley regulará el derecho a la cláusula de conciencia y al secreto profesional en el ejercicio de estas libertades.

Xa que a Xunta non ten capacidade para sacar a concurso máis licenzas (non lle quedan) depende de que o Goberno central faga una nova planificación, con data indeterminada.

Cuac FM fundouse no ano 1996 e a primeira cousa que fixo foi solicitar da Xunta de Galicia unha licenza de FM de caracter cultural, dacordo ca legalidade vixente daquela. A Xunta remitiunos, coma agora, a un futuro Plan Técnico, que o estado emitiu ¡no 2006! e que deu á Xunta as licenzas que agora, ¡¡no 2012!!, saca a concurso excluíndo do seu ámbito aos medios comunitarios.

As leis vixentes son outras na actualidade, e máis favorables, pero a actuación da administración segue a ser a mesma: obvia ós medios comunitarios.

Nós pensamos que isto é un erro, e que ademáis vai contra a lei, e por iso...



¿Qué está a facer Cuac?

- Presentarse ó concurso de licenzas, a pesar de que sexa desigual e discriminatorio. Nos presentamos a unha licenza comercial, pero NOS COMPROMETEMOS PÚBLICAMENTE a manter o noso modelo de comunicación comunitario.

- Pedir axuda legal ás entidades as que pertence e, a través delas, impugnar o concurso por violar o dereito das persoas a recibir información e opinión mediante medios comunitarios.

- Desenvolver unha campaña de sensibilización e loita cidadá contra esta situación, que consideramos inxusta e perxudicial para os intereses e os dereitos da cidadanía.

- Buscar financiamento para estas accións extraordinarias.

- Desenvolver normalmente as súas actividades coma radio comunitaria e coma asociación, acadando que todo o esforzo suplementario que estamos a realizar, non efecte o noso traballo coma medio comunitario.

¿Qué podes facer tí?

- Podes presentar o teu propio recurso administrativo en calquera rexistro da administración. Un dos dereitos que se vulneran con este concurso é o teu a recibir información e opinión a través de medios comunitarios (podes descargar o modelo aquí).

- Podes presentar unha queixa ante o Valedor do Pobo e/ou ante a Defensora del Pueblo se xa o fixeras con anterioridade.

- Poderás axudarnos a través de goteo.org, con cartos ou facendo algunha cousa. Por pequena que sexa, a axuda será sempre ben recibida.

- Podes difundir esta situación a través das túas redes sociais para que as túas amizades estean informadas.

- Se tes un negocio, podes facer máis, preme eiquí