Cuac FM

Sorteo XVII Aniversario: disfruta de Ibiza

** La ganadora del concurso es Cristina Flor Otero. ¡Gracias a todos por participar!**



Para celebrar cos seus ointes o seu 17º Aniversario, CUAC FM sortea unha estancia en Ibiza para duas persoas no mes de setembro por cortesía de Generación 05.


BASES (podes consultarlas neste PDF):

¿En que consiste o premio?
- 3 noches alojamiento en Hotel Club G05 "Es Puet", a 1km de Sant Antoni.
- Festas: entrada Privilege e Pacha + 2 Pool Parties no propio hotel
- Saida a Formentera (inclue barco i/v + aluguer de bicis) Neste link tedes máis información sobre a Concentración na que poden participar as persoas gañadoras.

Moi importante:
- Do 26 ao 29 de Septembro de 2013.
- NON INCLÚE A VIAXE ATA IBIZA.

¿Como podes participar?
De varias maneiras (unha non exclúe á outra):
1. Cada programa de CUAC FM que o desexe organizará un sorteo entre os seus oíntes. Cada programa remitirá á coordinara de Promoción de CUAC FM os nomes das 4 persoas que resulten seleccionadas dese sorteo que deberá sempre ser transparente e xusto. Deberán anotar polo menos nome completo e teléfono de contacto.
2. A través do Facebook da emisora tamén se pode participar. Pulsando en "compartir" unha serie de imaxes que poremos no muro do Facebook oficial de CUAC FM entrarás tamén no sorteo.
3. Haberá o mesmo número de participantes por Facebook que dos resultantes dos programas en FM. Todas esas persoas entrarán no bombo final. Exemplo: Se 10 programas de CUAC envían os seus gañadores, teremos 40 persoas. Por tanto, fariamos un sorteo entre a xente que participa por Facebook para que queden 40 persoas. A suma de ambos listados (FM e Facebook) serán as persoas que entrarán no bombo final.
4. Cada persoa pode ter un máximo de duas participacións, unha en Facebook e outra en FM, no bombo final. Na fase previa pode participar máis veces.
5. O sorteo farase no programa en directo que realizará CUAC FM o día 14 de maio na Escola de Imaxe e Son da Coruña. Sortearemos unha persoa gañadora e duas suplentes por se as anteriores renunciasen ao premio.

¿Cal é o periodo de participación?
Entre o 19 de abril e o 12 de maio, día no que quedará pechada a participación no sorteo.

¿Quen pode participar?
Calquera persoa maior de 18 anos que o desexe excepto as persoas asociadas a CUAC FM.

¿Cómo me entero de se gañei?
Será publicado na web de CUAC FM o día 15 de maio e tamén o anunciaremos no noso Facebook, Twitter.

Dado que moitas persoas non poñen o seu nome real en Facebook, en caso de que a gañadora ou gañador resulten de entre as peroas que participaron por ese método, solicitarémoslle amizade en Facebook dende unha conta persoal para contactar directamente con ela.

¿Podo ceder o meu premio a outra persoa?
Si, entendemos que ao tratarse de días moi concretos é posible que a gañadora non poda ir e pode designar a outra persoa como gañadora.

A participación no sorteo supón a aceptación das presentes bases.

Para calquera dúbida: promocion@cuacfm.org

CUAC FM a 27 de abril de 2013

DirectoProgramaciónÚnete – Smartphone (Android, Apple, Nokia N9) – Isto é galego
Cómo chegarQué é CuacEspeciaisHistoriaZona Socios - Mecenas - Doazóns - Licenza FM