Cuac FM

Programa especial das Mulleres 2013

Programa especial "8 de marzo non é un día e toda unha vida" no que abordamos de xeito histórico o xurdimento do movemento feminista, cuestionamos a institucionalización desta data por parte dos poderes que ao tempo están a manter e reproducir as opresións e discriminacións.

Difundimos campañas e accións dos feminismos da Coruña neste 2013 e nos acompañaron mulleres que loitan, resisten e constrúen a través da música, da literatura, da defensa de reitos fundamentais a través dos servizos públicos, da xeración de propostas alternativas para o ben común e unha vida que mereza a pena ser vivida.

Gracias Maria Xosé Sival (Sés), Najda Shami, Uxía Senlle, Carla de Figueredo, Chuz Díaz, Vero (Berce do Celme) e Adelaida Vidal.

Seguide, que vos seguiremos.



DirectoProgramaciónÚnete – Smartphone (Android, Apple, Nokia N9) – Isto é galego
Cómo chegarQué é CuacEspeciaisHistoriaZona Socios - Mecenas - Doazóns - Licenza FM