Cuac FM

19X: manifestación polo axustazo

Cuac FM fixo por mor da manifestación do 19 de xullo un especial informativo dende as 19h, con conexións dende as manifestacións que se estaban a celebrar nas rúas coruñesas.

Este programa fixérono posible Mariano Fernández e Bea Ulalume (técnicos de son), Diego de la Vega e Ozzy de Castro (conductores), Javi Fraguel, Noel Miguélez, Julia Huertas e Antonio Prado (redacción), sr Iverson e sr Moro, Marta Casal e Maruxa, Miguel e Lo Soto, e Andrea, Iván Louzán e o sr Garou (reporteiros/as). Fixéronse conexións en directo con Falo (Radio Kras) e José Ramón (Onda Merlín Comunitaria —OMC Radio—).

Tedes unha galería de fotos aquí, e aquí os audios do programa.

Bloque 1 Bloque 2

 

Bloque 1: Sumario; análise dos recortes con Mariano Fernández; conexión en directo con OMC Radio; Maruxa tróuxonos a Demetrio Vázquez eJosé Manuel Sánchez, de CC.OO. A Coruña e Galicia, respectivamente; Iván tróuxonos a Leandro, representante do Sindicato Unificado de Policía (SUP); Javi Fraguel comentou as novas que íbanse coñecendo; Lo Soto tróuxonos ó deputado do BNG Francisco Jorquera; Maruxa entrevistou a Francisco Asco, Secretario de Comunicación da CGT; Iván entrevistou a César Santiso, concelleiro de Esquerda Unida na Coruña; Iversón realizou a primeira foto da manifestación; emitimos un audio dunha entrevista que Radio Enlace fixo a Alexander, organizador da Marcha del Noroeste, o Marcha de Parados; Maruxa realizou la foto da cabeceira da manifestación; Lo Soto tróuxonos a Nicanor, de Fórum Própolis; fixemos un experimento con Iverson dende o final da manifestación e Marta Casal dende o comenzamento; Rafael Marcos (Radio Kras) comentounos as movilizacións de Xixón; Iverson contounos que, a los 45' de dar comienzo a manifestación, aínda estábase a vaciar a Praza da Palloza; Antonio Prado comentou as novas das outras manifestacións en Galicia; Iverson entrevistou a José Manuel, un manifestante anónimo.

Bloque 2: Volvemos a conectar ca OMC Radio, que estaban realizando tamén unha reportaxe especial; Marta Casal dou a súa impresión da manifestación; Marta Casal entrevistou a David e Lo Soto, a outro David, dous xoves manifestantes anónimos; Iverson entrevistou a varios manifestantes cando a marcha se detivo nas portas da sede do PP; as comunicación comenzaron a ser algo más fluidas e Maruxa trouxo a outra manifestante; Iván Louzán comentou novedades na sede do PP local, onde houbo incidentes, e trouxo a outro manifestante; Garou informounos de que algún manifestantes están cortando a rúa San Andrés; Iverson voltou a entrar dende a cola da manifestación, comentando a imposibilidade de avanzar, e entrevista a un funcionario; Miguel falou con Rubén, outro manifestante; Garou e Maruxa informáronnos dos cortes na rúa San Andrés, e Garou falou de movemento espontáneo; Julia Huertas informou das manifestacións en todo o Estado; Garou comenta que en San Andrés hai policias sacando fotografías; Iván comenta este caso dos policías; finalmente, Ozzy e Diego despiden o programa facendo un repaso de todo o equipo.

DirectoProgramaciónÚnete – Smartphone (Android, Apple, Nokia N9) – Isto é galego
Cómo chegarQué é CuacEspeciaisHistoriaZona Socios - Mecenas - Doazóns - Licenza FM