Cuac FM

Día da Ciencia na Rúa 2013

1a parte
2a parte


Con motivo do Día da Ciencia na Rúa, a emisora comunitaria de A Coruña, Cuac FM, realizou un especial radiofónico desde a entrada da Casa das Ciencias, no Parque de Santa Margarida. Nel, falamos desta festa da ciencia que, ano tras ano, organiza a Asociación de Amigos de la Casa de las Ciencias, e na que participan colexios da Coruña e outras partes de Galicia, ademáis de diferentes organizacións.

Nesta ocasión, Cuac FM formou parte deste acontecemento cun programa conducido por Isa Lema e Esteban Fernández. A parte técnica recaeu en Iverson (desde o parque) e Mariano Fernández (desde o Estudio José Couso, na Zapateira). As reporteiras do programa foron Mónica Alonso e María Ramírez. Na producción participaron Bea Ulalume, Roberto Catoira, Tomi Desastre e Javi Amado.

Tamén colaboraron na producción previa do programa, Fernando Losada, Noel Miguélez, Laura Pazo, Tamara Meizoso, Roberto Fernández e Ángela Triana.

Contamos con: Javier Novelle, Pte. da Asociación de Amigos da Casa das Ciencias; Basilio, participa na organización do día da Ciencia na Rúa; o IES Elviña; o colexio Andaina; Santiago Parra, Director do Centro Oceanográfico da Coruña; Silvia Cedeira e Xoan Cardelle, da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío; Xulio López, do Grupo Scout Hércules; Dani, Alén e Brenda, representantes das Bibliotecas Municipáis; Marcos Pérez, Director da Casa das Ciencias; o Colexio Calasanz; a Facultade de Ciencias; o Colexio Franciscanos (que nos falaron do cubo de Rubil); o CEIP Vicente Otero Valcarcel de Carral; Escola Infantil "As Galeras" de Oleiros; Tucho Méndez, que nos falou das impresoras 3D; e moitas persoas, pequenas ou maiores, visitantes do Día da Ciencia na Rúa, que nos contaron as súas experiencias.

Ao longo do programa, emitíronse diferentes separadores realizados polo equipo de Cuac FM sobre diferentes aspectos da ciencia:


Especies invasoras e o seu impacto na población humana
Científicos coruñeses
Ciencias vs letras
A crítica na ciencia
A tecnoloxía europea precisa de máis mulleres
Sobre dentes e momentos
CERN e ciencia básica
O método científico
Son e ondas de radio

DirectoProgramaciónÚnete – Smartphone (Android, Apple, Nokia N9) – Isto é galego
Cómo chegarQué é CuacEspeciaisHistoriaZona Socios - Mecenas - Doazóns - Licenza FM