Cuac FM

Cómo chegar




A emisora de radio CUAC FM está no Campus Universitario da Zapateira. Para chegar a este Campus, hai que subir pola Avenida de Alfonso Molina ata o seu punto máis alto, e xirar á dereita despois da gasolineira pola rúa que sube ao monte da Zapateira. Uns 300 metros despois dese desvío chega outro xiro á dereita que xa nos introduce no propio Campus Universitario.

A primeira Facultade que aparece é a de Aparelladores. Xusto ao atopala hai un cruce. Á dereita unha rúa sen pendente lévanos á praza onde está a Escola de Arquitectura e o antigo Colexio Universitario, que agora acolle as Facultades de Ciencias.

Nese punto nós debemos coller a rúa que está máis á esquerda. É unha rúa que describe unha sinuosa e MOI PRONUNCIADA PENDENTE e que nos leva aos edificios que están no punto máis alto do Campus, e que agora acollen as Facultades de Filoloxía (hai anos construíronse para a Facultade de Económicas, que xa non está alí).

Na metade desa costa, á dereita hai un polideportivo cuberto e un edificio baixo ao seu carón, que é onde se atopa a emisora de radio de CUAC FM. Á esquerda, uns 20 ou 30 metros máis arriba, hai unha ampla zona de aparcamento onde sempre hai moito espazo libre.



DirectoProgramaciónÚnete – Smartphone (Android, Apple, Nokia N9) – Isto é galego
Cómo chegarQué é CuacEspeciaisHistoriaZona Socios - Mecenas - Doazóns - Licenza FM